En arquitectura, unha exedra é xeralmente unha construción descuberta, de planta circular, con asentos e respaldos fixos na parte interior da curva. As exedras colócanse normalmente na fachada dun palacio, pero usada como abertura na parede interna.

Exedra proxectada por Leo von Klenze, no Ermitage, San Petersburgo.

O significado grego orixinal, un asento no exterior da porta, foi aplicado a unha habitación que se abre e é circundada por bancos de pedra altos e curvos: un ambiente aberto destinado a servir de lugar de encontro e conversación filosófica. Unha exedra pode tamén destacar dun espazo baleiro e curvo dentro dunha columnata quizais cun asento semicircular.

A exedra foi adoptada polos romanos para consolidarse en épocas históricas posteriores (a partir da arquitectura románica e da bizantina)