Exaculación retardada

A exaculación retardada é a incapacidade dun home ou a dificultade persistente de acadar o orgasmo, malia o desexo e a estimulación sexual. Polo xeral, un home pode chegar ó orgasmo poucos minutos despois de coito activo, mentres que un home con exaculación retardada non pode chegar ó orgasmo ou prodúcese despois dunha actividade prolongada de máis de 30 ou 45 minutos.[1] En moitos casos, a exaculación retardada é unha condición na que o home só pode acadar o clímax e exacular durante a masturbación, pero non durante o coito. É a menos común das disfuncións sexuais masculinas e pode ser o resultado dos efectos secundarios dalgunhas menciñas. De acordo cunha enquisa, o 8% dos homes declarou ser incapaz de chegar ó orgasmo durante un período de dous meses no último ano.[2]

Exaculación retardada
Clasificación e recursos externos
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas editar

  1. Knowles, David R. (1 de xuño de 2005). "Delayed ejaculation". A.D.A.M. Medical Encyclopedia. A.D.A.M., Inc. Consultado o 24 de maio de 2007. 
  2. Strassberg, D. S., & Perelman, M. A. (2009). Sexual dysfunctions. In P. H. Blaney & T. Millon (Eds.), Oxford textbook of psychopathology (2nd ed.), (pp. 399–430). NY: Oxford University Press.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar