Everything Falls Apart

Everything Falls Apart é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Hüsker Dü, publicado en xaneiro de 1983 a través do selo Reflex Records.

Everything Falls Apart
Álbum de Hüsker Dü
Publicadoxaneiro de 1983
Gravaciónxuño - xullo de 1982
Estudio(s)Total Access Recording (Redondo Beach, California)
Duración19:18 (orixinal)
42:07 (reedición)
Xénero(s)hardcore punk
Selo(s)Reflex Records
Producido porHüsker Dü e Spot
Cronoloxía
Land Speed Record Everything Falls Apart Metal Circus

O disco editouse en CD en 1993 como Everything Falls Apart and More, con cancións extra como os dous primeiros sinxelos do grupo, a versión completa de "Statues" (que dura sobre 8 minutos), e un tema non publicado antes gravado nun soto de St. Paul, Minnesota e chamado "Do You Remember?" (o tradución ao inglé de "husker du"). A reedición tamén inclúe notas no libreto de Terry Katzman, cofundador de Reflex Records e técnico de son da banda dende 1980 ata 1983, ademais das letras dun feixe de temas.

Listaxe de cancións editar

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "From the Gut"  Mould, Norton 1:40
2. "Blah Blah Blah"  Mould, Norton 2:10
3. "Punch Drunk"  Mould 0:32
4. "Bricklayer"  Mould 0:34
5. "Afraid of Being Wrong"  Mould 1:23
6. "Sunshine Superman"  Donovan 1:51
7. "Signals from Above"  Mould 1:38
8. "Everything Falls Apart"  Mould 2:12
9. "Wheels"  Hart 2:08
10. "Target"  Mould 1:43
11. "Obnoxious"  Mould 0:53
12. "Gravity"  Mould 2:38
19:22

Cancións extra do CD Everything Falls Apart and More editar

  1. "In a Free Land" – 2:53 (Mould)
  2. "What Do I Want?" – 1:15 (Hart)
  3. "M.I.C." – 1:10 (Mould)
  4. "Statues" – 8:45 (Hart)
  5. "Let's Go Die" – 1:54 (Norton)
  6. "Amusement" – 4:57 (Mould)
  7. "Do You Remember?" – 1:55 (Mould)