Evacuación, no seu sentido máis frecuente, refírese á acción ou ao efecto de retirar persoas dun lugar determinado. Normalmente sucede en emerxencias causadas por distintos tipos de desastres, xa sexa naturais, accidentais ou debidos a actos bélicos. Tamén pode empregarse para referirse ao feito de retirada de elementos dun lugar.

Fotografía do cruceiro arxentino General Belgrano, evacuado tras recibir o impacto dun torpedo que acabou por afundilo