Euskal Herria Bildu

partido nacionalista da esquerda abertzale e soberanista do País Vasco

Euskal Herria Bildu , tamén escrito EH Bildu (en minúsculas no seu logo), é unha coalición política vasca de esquerdas, rexistrada como partido político, creada no 2012 e liderada na súa primeira participación por Laura Mintegi.[1] Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.

Euskal Herria Bildu
Partido político
Dirixentes e organización
LíderLaura Mintegi
Historia
Fundación2012
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda abertzale, independentismo vasco, soberanismo, independentismo
Outros datos
Na rede
www.ehbildu.eus
Facebook: ehbildu Twitter: ehbildu Instagram: eh_bildu Telegram: ehbildu Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A coalición presentouse ás eleccións ó Parlamento Vasco do 21 de outubro de 2012, acadando 21 escanos dos 75 totais e converténdose así na segunda forza política do país tralos 27 logrados polo PNV.

A coalición creada en 2012 foi inscrita en 2014 como partido.[2] En 2017 a coalición foi dotada de órganos propios de partido, con secretaría xeral.[3]

Previa a EH Bildu houbo outra coalición chamada Bildu. Entre a disolución de Bildu e a creación de EH Bildu existiu a coalición Amaiur.

Notas editar

  1. "Laura Mintegi será la candidata a lehendakari de la coalición Euskal Herria Bildu". La Vanguardia (en castelán). 2012-07-02. Consultado o 2023-02-18. 
  2. "Boom electoral: nacen 64 partidos en cuatro meses". www.publico.es (en castelán). Consultado o 2023-02-18. 
  3. EFE (2017-06-16). "EH Bildu culmina su refundación para superar la fórmula de la coalición". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-02-18. 

Véxase tamén editar


Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.