Eusebio Ríos Fernández, nado en Portugalete o 30 de marzo de 1935 e finado na mesma localidade o 10 de maio de 2008, foi un futbolista e adestrador de fútbol español, pai do exfutbolista Roberto Ríos. Xogaba de defensa central e foi internacional coa selección española.

Eusebio Ríos
Información persoal
Nome Eusebio Ríos Fernández
Nacemento 30 de marzo de 1935
Lugar de nacemento Portugalete
Falecemento 10 de maio de 2008
Lugar de falecemento Portugalete
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Galindo Sestao
Ortuella
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1955–1956 Arenas de Getxo
1956–1958 Indautxu
1958–1968 Betis 192 (1)
Selección nacional
1964 España 1 (0)
Adestrador
1970–1972 Jaén
1972–1975 Barakaldo
1976–1979 Recreativo
1979–1980 Valladolid
1981–1985 Murcia
1986–1988 Deportivo da Coruña
1988 Betis
1990–1992 Rayo Vallecano
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Futbolista editar

Formouse como futbolista no Galindo de Sestao e Ortuella, para debutar na tempada 1955–56 no Arenas de Getxo, club no que estivo unha campaña. En 1956 foi contratado polo SD Indautxu, onde estivo dous anos. Na tempada 1958–59 fichou polo Real Betis, xogando en Primeira División durante 9 campañas (desde a 1958–59 até a 1965–66 e a 1967–68) nas que disputou un total de 192 encontros e marcou 1 gol. O seu debut en Primeira División produciuse o 21 de setembro de 1958 no estadio Sánchez Pizjuán, nun encontro entre o Sevilla FC e o Betis (2–4), que ademais foi o primeiro partido oficial celebrado en dito estadio.

Selección nacional editar

Foi internacional coa selección española nunha ocasión.

Adestrador editar

Tras adestrar en Segunda División ao Barakaldo CF durante tres tempadas, desde 1972 até 1975, e pasar polo Real Jaén, chegou ao Recreativo de Huelva, logrando na tempada 1977–78 o primeiro ascenso a Primeira División na historia deste club. Mantívose no mesmo club durante toda a campaña 1978–79, aínda que o equipo acabou no último lugar da clasificación.

Posteriormente, conseguiu outro ascenso a Primeira co Real Valladolid na tempada 1979–80.

A mediados da tempada 1981–82 chegou ao Real Murcia, que militaba na Segunda División. Ascendeu ao equipo a campaña seguinte e permaneceu no mesmo até 1985, converténdose con 60 partidos no adestrador que máis partidos dirixiu en Primeira División ao club grana.

Despois de adestrar en Segunda nas tempadas 1986–87 e 1987–88 o Deportivo da Coruña, na campaña 1988–89 dirixiu en Primeira o Real Betis, club no que tamén actuou como director deportivo a mediados dos anos 1990.

Adestrou o Rayo Vallecano na tempada 1990–91 e en parte da 1991–92.

Estivo presente no organigrama técnico do Athletic Club entre as tempadas 1997–98 e 2001–02.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar