European Remote Sensing satellite

O European Remote Sensing Satellite (ERS) foi o primeiro conxunto de satélites de observación terrestre lanzado pola Axencia Espacial Europea. Constituído por dúas misións, ERS-1 e ERS-2, orbitaron a Terra unhas 120 000 veces en total, observando a terra, atmosfera, océanos e capas de xeo de xeito continuado ó longo de vinte anos. Xerou unhas 4000 publicacións científicas, correlativas cuns 5000 proxectos.[1] Foi construído por un consorcio internacional liderado por DSS (Dornier Satelliten Systeme Gmbh), sendo os datos postos a disposición a través de Internet.[2]

Modelo do ERS-2.

ERS-1 editar

O ERS-1 foi lanzado dende o centro espacial da Güiana Francesa polo foguete Ariane 4 o 17 de xullo de 1991. [3]

Cunha extensión da misión de dous anos, os obxectivos eran voltos principalmente para os estudos oceánicos e de glaciares, nas varias áreas das ciencias naturais.

De entre os varios aparellos a bordo do satélite estaban o AMI (Active Microwave Instruments), constituído por un radar de Abertura Sintética (SAR) e un difusómetro (aparello que permite medir a intensidade e a dirección do vento preto da superficie do mar). As imaxes adquiridas polo SAR, fornecían datos dunha faixa de 100 x 100 km, cunha resolución espacial de trinta metros. Unha antena de 10 x 1 metros emitía e recibía un feixe de microondas na faixa de 5,3 Ghz (banda C), con polarizaçión VV e un ángulo de incidencia de 23 graos.

A operación do SAR no modo Imaxe producía unha taxa de datos moi alta (105 Mbps), facendo que as imaxes só puidesen ser xeradas en zonas equipadas con estación receptora. A superficie terrestre era cuberta enteiramente e fotografada en ciclos de 35 días.

A misión ERS-1 foi rematada o 10 de marzo de 2000.[4]

ERS-2 editar

O ERS-2 foi lanzado do centro espacial da Güiana Francesa polo foguete Ariane 4 o 21 de abril de 1995.

Case idéntico ao ERS-1, tiña instrumentos adicionais e mellorías nos instrumentos existentes, incluíndo:

Cando o ERS-2 foi lanzado, compartía o mesmo plano orbital do ERS-1. Iso permitiu unha misión en "tándem", co ERS-2 pasando sobre os mesmos puntos sobre os que o ERS-1 pasara un día antes (o ERS-2 tiña un ciclo de repetición tamén de 35 días).

O ERS-2 perdeu o seu xiroscopio desde febreiro de 2001, resultando degradada a calidade dos datos fornecidos polos seus instrumentos. O gravador de bordo deixou de funcionar o 22 de xuño de 2003, deixando os instrumentos operando só cando o satélite estaba visible dende unha estación de terra. Desde a perda do gravador, puxéronse en funcionamento outras estacións de terra para aumentar a capacidade de colleita de datos. O medidor de difusión de ventos e o GOME eran os únicos instrumentos dese tipo até o lanzamento dos satélites da serie MetOp e do ENVISAT, respectivamente.

A misión ERS-2 foi dada por rematada o 5 de setembro de 2011.[4]

Continuación editar

O ERS foi continuado pola ESA por ENVISAT, co seu programa Copérnico.

Notas editar

  1. "ERS: 30 years of outstanding achievements". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  2. "Data - Earth Online". earth.esa.int. Consultado o 2021-09-15. 
  3. "ERS: 30 years of outstanding achievements". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2021-09-15. 
  4. 4,0 4,1 "What is ERS?". Consultado o 06/07/2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar