Euante (ou en grego Ευάνθη), tamén coñecida coma Xúpiter XXXIII, é unha lúa irregular de movemento retrógrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta por un equipo de astrónomos da Universidade de Hawaii liderado por Scott S. Sheppard no ano 2001 e recibiu a designación provisional de S/2001 J 7.[1][2] Recibiu o nome de Euante en agosto do 2003, de acordo con algúns escritores versados na mitoloxía grega, Euante era a nai das Gracias.[3]

Euante ten un diámetro duns 3 kms e órbita Xúpiter a unha distancia duns 20,465 Gm en 598,093 días, cunha inclinación orbital de 143° respecto da eclíptica (142° respecto do ecuador de Xúpiter) e cunha excentricidade orbital de 0,2001.

Euante pertence ó grupo de satélites Ananke, un grupo de lúas irregulares que órbita Xúpiter a unha distancia media de entre 19,3 e 22,7 Gm e cunhas inclinacións de preto de 150°; pensase que este grupo son os vestixios dun posible asteroide heliocéntrico capturado, que se esnaquizou, formando así este grupo de lúas.[4][5]


Notas editar

  1. IAUC 7900: Satellites of Jupiter maio do 2002 (descubrimento)
  2. MPEC 2002-J54: Eleven New Satellites of Jupiter Maio do 2002 (descubrimento e efemérides)
  3. IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus agosto do 2003 (bautizando a lúa)
  4. Sheppard, S.S.; Jewitt, D.C. (2003). "An abundant population of small irregular satellites around Jupiter" (PDF). Nature 423 (6937): 261–263. PMID 12748634. doi:10.1038/nature01584. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2003. Consultado o 24 de xullo de 2010. 
  5. Nesvorný, D.; Alvarellos, J. L. A.; Dones, L.; e Levison, H. F.; Orbital and Collisional Evolution of the Irregular Satellites Arquivado 15 de abril de 2020 en Wayback Machine., The Astronomical Journal, Vol. 126 (2003), pp. 398–429

Euanthe.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar