Etolin
A illa Etolin (Inglés:Etolin Island) é unha illa dos Estados Unidos localizada no arquipélago Alexander, no sueste do estado de Alasca (56°08′N 132°24′O / 56.133, -132.400) Atópase entre a illa do Príncipe de Gales, ao oeste e o territorio continental de Alasca, ao leste, e a illa Wrangell, ao sueste. Cartografouse por primeira vez en 1793 por James Johnstone, un dos oficiais de George Vancouver durante a a súa expedición 1791-95. Trazou soamente as súas costas do suroeste e do leste, sen decatarse de que era unha illa.[1] Orixinalmente chamouse illa do Duque de York (Duke of York Island), pasou a chamarse Etolin cando os Estados Unidos realizaron a compra de Alasca a Rusia.[2] Etolin leva o seu nome en recoñecemento a Adolf Etolin, administrador colonial na América rusa entre 1840 e ata 1845.
Etolin | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Estados Unidos |
Estado | Alasca |
Arquipélago | Arquipélago Alexander |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 56°05′52″N 132°21′37″O / 56.09778, -132.36028Coordenadas: 56°05′52″N 132°21′37″O / 56.09778, -132.36028 |
Xeografía | |
Superficie | 878´1 km² |
Longura máxima | 48 km. |
Largura máxima | 16 - 35 km. |
Demografía | |
Poboación | 15 (Censo 2000) |
Densidade | <1 hab./km² |
A illa ten 48 km de longo e entre 16 e 35 km de largo, cunha superficie de 878´08 km², polo que é a 24ª illa máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Etolin tiña unha poboación de tan só 15 persoas.
Na illa hai unha poboación introducida de alces. Toda a illa atópase dentro dos límites do Bosque nacional Tongass (Tongass National Forest). a parte sur da illa designouse oficialmente como Área Salvaxe Etolin Sur (South Etolin Wilderness).
Notas editar
- ↑ Vancouver, George, and John Vancouver (1801). A voyage of discovery to the North Pacific ocean, and round the world. London: J. Stockdale.
- ↑ Statement of facts regarding the Alaska boundary question, p.1383 Arquivado 27 de maio de 2011 en Wayback Machine., Alexander Begg (1825–1905), Report to the Attorney-General of British Columbia, 1902.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Etolin |