Etnoloxía

ciencia que estuda os diferentes pobos ou razas do mundo

A etnoloxía é a ciencia social que estuda e compara os diferentes pobos ou razas do mundo. Por algúns autores é considerada unha disciplina e metódo de investigación da antropoloxía.

A etnoloxía, na súa acepción orixinal, é o estudo das sociedades primitivas, aínda que, co desenvolvemento da antropoloxía, o termo "primitivo" foi abandonado por se considerar que xustificaba preconceptos étnicos. Así, actualmente dise que etnoloxía é o estudo das características de calquera etnia, isto é, agrupamento humano -pobo ou grupo social- que presenta algunha estrutura socioeconómica homoxénea, onde en xeral os membros teñen interaccións cara a cara, e hai unha comuñón de cultura e de lingua. Este estudo pretende establecer liñas xerais e de desenvolvemento das sociedades.

A etnoloxía estuda sistematicamente e procura estabelecer relacións comparativas entre as características dos diferentes pobos humanos dende diferentes aspectos como son:

  • A diversidade cultural: a etnoloxía concibe a cultura como unha pluralidade e en oposición á natureza. Así, o estudo da cultura obriga á análise das relacións que unen e separan ambas dimensións nas sociedades humanas e tamén a esclarecer o que é universal no home e o que é arbitrario no seu comportamento, xerando unha reflexión sobre os nexos que unen as leis naturais coas regras culturais.
  • O parentesco entre diferentes sociedades e as súas influencias.
  • A subsistencia e sistemas económicos das culturas ou civilizacións.
  • A relixión e expresión simbólica transcendental.
  • A organización familiar, sistemas sociais e políticos.

Se bioloxicamente se clasifica ó home como homínido, etnoloxicamente debe clasificarse como humánido.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar