Etemenanki (en sumerio: 𒂍𒋼𒀭𒆠 É.TEMEN.AN.KI, "templo da creación do ceo e da terra") foi un cigurat adicado a Marduk na cidade Babilonia construído no século -VI na dinastía neobabilonia. Orixinalmente medía 91 metros de altura, dos cales só quedan ruínas no presente.

Reconstrución de Etemenanki.

Etemenanki está considerado como unha inspiración probable na historia bíblica da Torre de Babel.

Construción editar

Non se coñece exactamente a data de construción deste cigurat, probablemente existía un primeiro cigurat antes do reinado de Hammurabi (1728-1686 aC). Sobre a data de construción só se teñen referencies indirectas, como o poema sobre a creación de Babilonia Enûma Elish, que é contemporáneo a Hammurabi e no cal se relata a creación do mundo. Segundo este poema, o templo de Esagila creouse no mesmo tempo que o mundo, confirmando que Etemenanki formaba parte do mesmo complexo de templos que estaban dedicados ó deus Marduk, pódesde intuír que esta xa estaba construída nesta data. Tampouco se coñece exactamente a data da construción do complexo pero pódese deducir que é moi anterior a este poema.

O edificio experimentou múltiples transformacións dende a estrutura orixinal. A máis importante de todas elas levouna a cabo Nabopolasar despois da destrución da cidade por Senaquerib no ano -689. Máis tarde, Nabucodonosor II fixo importantes reformas dándolle o seu aspecto definitivo, con sete pisos de alto e o templo no seu cumio.

Demolición editar

No ano -331, Alexandre o Grande conquistou Babilonia e ordenou a reconstrución de Etemenanki; a cal volveu visitar de regreso das súas campañas no leste de Mesopotamia, no ano -323 aC, e puido comprobar como as obras aínda non comenzaran. Por iso, ordenou ó seu exército demoler por completo o edificio para reconstruílo totalmente.

A morte de Alexandre significou a detención do proxecto. As Crónicas de Babilonia e os Diarios Astronómicos recollen algúns intentos posteriores de reconstruír o cigurat Etemenanki, e todos estes intentos sempre eran precedidos da eliminación dos últimos restos da estrutura orixinal. As Crónicas das runas de Esagila recollen que o rei seléucida Antíoco I decidiu reconstruír o edificio, desgraciadamente empregou elefantes para demoler os últimos restos da torre, e igual que os anteriores intentos, tampouco viu nunca o final. Non se coñecen referencies posteriores de Etemenanki, o que fai pensar que o edificio caeu no esquecemento.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A.R. George, "E-sangil and E-temen-anki, the Archetypal Cult-centre?" in: J. Renger, Babylon: Focus mesopotamischer Geschichte, Wiege früher Gelehrsamkeit, Mythos in der Moderne (1999 Saarbrücken)
  • Hansjörg Schmid, Der Tempelturm Etemenanki in Babylon (1995 Mainz) ISBN 3-8053-1610-0