Etan Thomas

baloncestista estadounidense

Dedreck Etan Thomas, nado o 1 de abril de 1978 en Harlem, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional.

Etan Thomas
Posición Pivote/Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 1 de abril de 1978 (46 anos)
Harlem, Nova York
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 116 kg (256 lb)
Información da carreira
Instituto Booker T. Washington
Universidade Syracuse
NBA Draft 2000 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Dallas Mavericks
Carreira dende 2000
Historial de equipos
Washington Wizards (2001-2009)
Oklahoma City Thunder (2009-2010)
Atlanta Hawks (2010-2011)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Thomas foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Dallas Mavericks. Sen xogar nin un só partidos cos Mavericks, foi traspasado en 2001 aos Washington Wizards, onde fixo 6.7 puntos e 5.3 rebotes por partido durante o tempo que estivo alí.

O 23 de xuño de 2009, foi traspasado xunto a Oleksiy Pecherov, Darius Songaila e unha elección de primeira rolda do Draft aos Minnesota Timberwolves, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[1]

O 27 de xullo de 2009, foi traspasado aos Oklahoma City Thunder xunto a dúas eleccións de segunda rolda do Draft, unha delas condicionada, a cambio de Chucky Atkins e Damien Wilkins.[2]

O 2 de setembro de 2010, asinou polos Atlanta Hawks.[3]

Notas editar

  1. "Source: Deal sends Minnesota Timberwolves' Randy Foye, Mike Miller to Washington Wizards - ESPN". Sports.espn.go.com. 2009-06-24. Consultado o 2011-09-03. 
  2. "Thunder Acquires Thomas From Minnesota". NBA.com. 2009-07-27. Consultado o 2009-07-27. 
  3. "The Official Site Of The Atlanta Hawks". Nba.com. Consultado o 2011-09-03. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar