A chamada estrutura Richat, unha forma circular no Deserto do Sáhara de Mauritania, atraeu a atención dende as primeiras misións espaciais debido a que conforma un marcado ollo escuro na vastedade erma e monótona do deserto. Descrita por algúns coma unha prominente amonita no deserto, a súa visibilidade (ten un diámetro de case 50 quilómetros) converteuse nunha referencia para as tripulacións espaciais. Inicialmente interpretouse coma o impacto dun meteorito debido ó seu alto grao de cirularidade, inda que agora pénsase que non é máis ca un afloramento simétrico dun anticlinal amosado pola erosión. As bases resistentes inferiores que a rodean están formadas por cuarcita do Paleozoico.

Imaxe da estrutura Richat vista dende satélite

O texto orixinal procede do Observatorio terrestre da NASAArquivado 29 de setembro de 2008 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

----

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.