Estreito de Messina

Coordenadas: 38°14′45″N 15°37′57″L / 38.245833333333, 15.6325

O estreito de Messina (Stretto di Messina en italiano) é un estreito no mar Mediterráneo que separa a península italiana da illa de Sicilia e que liga o mar Xónico ao mar Tirreno. A súa menor largura é de 3,3 km.

Mapa histórico do estreito de Messina.

Un transbordador conecta Messina (Sicilia) co continente en Villa San Giovanni, na Calabria.

No ano 2005 aprobouse un proxecto de construción dunha ponte que ligaría a illa de Sicilia á terra firme. Será a maior ponte con arco simple do mundo, cunha envergadura de 3300 m. O proxecto abandonouse en 2013 e retomouse en 2023.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar