Estreito de Florida

O estreito de Florida (Estados Unidos) localízase entre o golfo de México e o océano Atlántico, e entre os Florida Keys e Cuba. O estreito leva a corrente de Florida, o principio da corrente do Golfo, ó golfo de México. Os dereitos do petróleo e do gas natural da zona foron divididos entre os Estados Unidos e Cuba por un tratado de 1977. Os estudos xeolóxicos proxectan reservas substanciais.

O estreito de Florida visto dende o espazo.