O estrato basal (stratum basale), ás veces denominado estrato xerminativo é a máis profunda das cinco capas que constitúen a epiderme, a cuberta externa da pel dos mamíferos.

Imaxe histolóxica que mostra unha sección da epiderme. O estrato basal (stratum basale) etiquetado na parte inferior.

O estrato basal é unha capa continua de células. Adoita describirse como unha capa dunha soa célula de grosor, pero en realidade pode ter dúas ou tres células de grosor na pel sen pelos e na epiderme hiperproliferativa (unha doenza da pel).[1]

O estrato basal está formado principalmente por células nai dos queratinocito, que poden considerarse as células nai da epierme. Divídense para formar os queratinocitos do estrato espiñoso (stratum spinosum), que migran cara á superficie.[2] Outros tipos de células que se encontran no estrato baal son melanocitos (células produtoras de pigmento), células de Langerhans (células inmunitarias) e células de Merkel (receptores táctiles).

Galería editar

Notas editar

  1. McGrath, J.A.; Eady, R.A.; Pope, F.M. (2004). Rook's Textbook of Dermatology (Seventh Edition). Blackwell Publishing. Pages 3.7. ISBN 978-0-632-06429-8.
  2. Habif, Thomas P. (2010). Clinical Dermatology, 5th ed. Mosby. p. 1. ISBN 978-0-7234-3541-9.