O estorniño pinto[2][3][4] (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro.[3] Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano. Ten patas rosas e peteiro negro en inverno e amarelo en verán; as aves xoves teñen unha plumaxe máis marrón que os adultos. É unha ave ruidosa, especialmente nos seus pousadeiros comunais e outras situacións gregarias, e a súa canción é variada pero non musical. A súa facultade de imitación vocal foi sinalada na literatura incluíndo obras como as de Plinio o Vello e William Shakespeare.

Estorniño pinto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Sturnidae
Xénero: Sturnus
Especie: Sturnus vulgaris
Nativo:      Visitante estival       Residente      Visitante invernalIntroducido:       Visitante invernal       Residente
Nativo:      Visitante estival       Residente      Visitante invernalIntroducido:       Visitante invernal       Residente

Nativo:      Visitante estival       Residente      Visitante invernalIntroducido:       Visitante invernal       Residente

O estorniño pinto ten unha ducia de subespecies que se reproducen en hábitats abertos na súa área de distribución nativa na Europa temperada e oeste de Asia, e foi introducido en Australia, Nova Zelandia, o Canadá, os Estados Unidos, México, o Perú, a Arxentina, as illas Malvinas, o Brasil, Chile, o Uruguai, Suráfrica e Fidxi.[5] Esta ave é sedentaria no sur e oeste de Europa e suroeste de Asia, mentres que as poboacións do noroeste migran ao sur e ao oeste en inverno dentro da súa área de reprodución e tamén máis ao sur ata a Península Ibérica e o norte de África. Constrúe un niño pouco arranxado nunha cavidade natural ou artificial no cal pon catro ou cinco ovos azuis claros brillantes, os cales tardan dúas semanas en facer eclosión e os xoves permanecen no niño durante outras tres semanas. Normalmente fan un ou dous intentos de nidificar ao ano. Esta especie é omnívora e come unha ampla variedade de invertebrados e tamén sementes e froita. É cazado por varios mamíferos e aves de presa e é o hóspede de diversos parasitos externos e internos.

As grandes bandadas típicas desta especie poden ser beneficiosas para a agricultura ao controlaren as pragas de invertebrados; porén, os propios estorniños poden ser unha praga cando se alimentan de froitas e gromos de plantas agrícolas. Os estorniños pintos poden ser tamén unha molestia polo moito ruído e rebumbio que causan as grandes bandadas nos pousadeiros urbanos. En especial, as poboacións introducidas foron sometidas a diversas medidas de control, como matanzas selectivas, pero estas tiveron un éxito limitado excepto na prevención da colonización de Australia Occidental.

A especie sufriu un declive en partes do norte e oeste de Europa desde a década de 1980 debido aos poucos invertebrados de pradeira dispoñibles para a comida das crías. Malia todo, a súa enorme poboación global non está diminuíndo significativamente, polo que está clasificado pola IUCN cun status de "especie pouco preocupante".

Taxonomía e sistemática editar

O estorniño pinto foi descrito primeiramente por Carl von Linné na súa obra Systema Naturae en 1758 co seu actual nome binomial.[6] Sturnus e vulgaris son palabras que en latín significan 'estorniño' e 'común', respectivamente.[7]

A familia dos estorniños, Sturnidae, é un grupo de aves totalmente do Vello Mundo exceptuadas as introducións realizadas noutros lugares, co maior número de especies no sueste asiático e a África subsahariana.[8] O xénero Sturnus é polifilético e as relacións entre os seus membros non está totalmente resolta. O parente máis estreito do estorniño pinto é o estorniño negro.[9] A especie non migratoria estorniño negro podería descender dunha poboación ancestral de S. vulgaris, que sobreviviu no refuxio do último máximo glacial da Península Ibérica durante a retirada da era glacial,[10] e os estudos de xenes mitocondriais suxiren que podería ser considerado unha subespecie do estorniño pinto. Hai máis variación xenética entre as poboacións de estorniño pinto que entre o estorniño pinto nominal e o estorniño negro.[11] Aínda que se coñecen restos do estorniño pinto desde o Plistoceno medio,[12] parte do problema para resolver as relacións nos Sturnidae é a escaseza do rexistro fósil da familia no seu conxunto.[10]

Subespecies editar

Existen varias subespecies do estorniño pinto, que varía clinalmente en tamaño e coloración da plumaxe adulta. A variación gradual no seu ámbito xeográfico e a extensa intergradación significa que a aceptación de varias subespecies varía entre as autoridades.[13][14]

Subespecies[15][16]
Subespecies Autoridade Dsitribución Comentarios
S. v. vulgaris Linnaeus, 1758 A maioría de Europa, excepto a parte máis ao noroeste e máis ao suroeste; tamén Islandia e as illas Canarias A subespecie nominal.
S. v. faroensis Feilden, 1872 Illas Faroe Lixeiramente máis grande que a nominal, especialmente no peteiro e pés. O adulto coa súa cor máis escura e brillo verde máis apagado e con moitas menos pintas incluso en plumaxe nova. Os xoves son de cor negra feluxe con queixo e áreas abrancazadas na barriga; gorxa con manchas negras.
S. v. zetlandicus Hartert, 1918. Illas Shetland Como a faroensis, pero intermedia en tamaño entre esta e a vulgaris. As aves da illa Fair, St Kilda e as Hébridas exteriores son intermedias entre esta subespecie e a nominal e a situación con vulgaris ou zetlandicus varía de acordo coa autoridade.
S. v. granti Hartert, 1903 Azores Como a nominal, pero máis pequena, especialmente nos pés. A miúdo cun forte brillo púrpura nas partes superiores.
S. v. poltaratskyi (Finsch, 1878) No leste de Bashkortostán cara ao leste a través dos Urais e Siberia central, ata o lago Baikal e oeste de Mongolia Como a nominal, pero o brillo na cabeza é predominantemente púrpura, con peteiro verde, flancos xeralmente azul purpúreo, e cobertoiras da parte superior das aves verde azuladas. En voo, poden verse beiras cor beixe canela claro moi visibles baixo as cobertoiras das ás e axilares; estas áreas poden parecer moi claras en plumaxe recente.
S. v. tauricus Buturlin, 1904 Desde Crimea e leste do río Dniéper cara ao leste arredor das costas do mar Negro ata o oeste de Asia Menor. Non aparece en terras altas, onde é substituída pola subespecie purpurascens Como a nominal, pero claramente con ás máis longas. O brillo da cabeza é verde, e o corpo púrpura broncíneo, os flancos e coberteiras da parte superior da á de cor bronce verdoso. A parte inferior da á ten bordos claros nas cobertoiras. Case sen pintas en plumaxe reprodutor.
S. v. purpurascens Gould, 1868 Leste de Turquía ata Tibilisi e o lago Sevan, en terras altas nas costas orientais do mar Negro substituíndo á subespecie tauricus Como a nominal, pero con ás máis longas e o brillo verde restrinxido ás cobertoiras do oído, pescozo e parte superior do peito. No resto do corpo ten brillo púrpura excepto nos flancos e cobertoiras das aves superiores, onde son máis broncíneos. Parte inferior da á escura con beiras brancas finas nas cobertorias.
S. v. caucasicus Lorenz, 1887 Delta do Volga a través do leste do Cáucaso e áreas adxacentes Brillos verdes na cabeza e brillo púrpura negro no pescozo e barriga, máis azulada nas cobertoiras das ás superiores. A parte de debaixo das ás igual que en purpurascens.
S. v. porphyronotus (Sharpe, 1888) No oeste de Asia central, graduándose en poltaratskyi entre Dzungarian Alatau e montañas Altai Moi similar á tauricus, pero é máis pequeno e completamente alopátrico, e están separados pola purpurascens, caucasicus e nobilior.
S. v. nobilior (Hume, 1879) Afganistán, sueste de Turkmenistán e zonas adxacentes de Uzbekistán ata o leste de Irán Como a purpurascens, pero máis pequeno e ás máis curtas; as cobertoiras do oido teñen brillo púrpura e o brillo das partes inferiores e superiores das aves bastante avermelladas.
S. v. humii (Brooks, 1876) De Caxemira ao Nepal Pequena; brillo púrpura restrinxido na área do pescozo e ás veces dos flancos ás cobertoiras da cola, e noutras partes con brillo verde. É ás veces tratada baixo o nome indicus dado por Hodgson.[17][18][19]
S. v. minor (Hume, 1873) Paquistán Pequena; brillo verde restrinxido na cabeza e parte inferior da barriga e dorso, e no resto con brillo púrpura.

As aves da illa Fair, St Kilda e as Hébridas exteriores son intermedias en tamaño entre S. v. zetlandicus e a forma nominal, e a súa situación como subespecie varía de acordo coa autoridade. Os xoves escuros típicos destas formas das illas encóntranse ocasionalmente no resto de Escocia e noutras partes, o que indica algún fluxo xénico desde a faroensis ou a zetlandicus, subespecies antes consideradas illadas.[20][21]

Nomeáronse outras subespecies máis, pero xeralmente xa non son consideradas válidas. A maioría son intergraos que aparecen onde se solapan as áreas de distribución de varias subespecies. Estas inclúen: S. v. ruthenus Menzbier, 1891 e S. v. jitkowi Buturlin, 1904, que son intergraos entre vulgaris e poltaratskyi do oeste de Rusia; S. v. graecus Tschusi, 1905 e S. v. balcanicus Buturlin e Harms, 1909, intergraos entre vulgaris e tauricus do sur dos Balcáns ata o centro de Ucraína e a través de Grecia ata o Bósforo; e S. v. heinrichi Stresemann, 1928, un intergrao entre caucasicus e nobilior do norte de Irán. S. v. persepolis Ticehurst, 1928 do sur de Irán (provincia de Fars) é moi similar a S. v. vulgaris, e non está claro se é unha poboación residente diferente ou simplemente se trata de migrantes procedentes do sueste de Europa.[14]

Descrición editar

 
Un xove pousado nunha mesa en Londres. A súa plumaxe é principalmente marrón cincenta.

O estorniño pinto mide de 19 a 23 cm de longo, cunha envergadura alar de 31 a 44 cm e un peso de 58 a 101 g.[16] Entre as medidas estándar, a corda alar é de 11,8 a 13,8 cm, a cola é de 5,8 a 6,8 cm, o culme é de 2,5 a 3,2 cm e o tarso é de 2,7 a 3,2 cm.[16] A plumaxe é negra iridescente, con brillo púrpura ou verde, e con pintas brancas, especialmente en inverno. As partes inferiores do macho adulto dos estorniños pintos teñen menos pintas que nas femias adultas nunha época do ano. As plumas da gorxa dos machos son longas e soltas e utilízanse en exhibicións, mentres que as das femias son máis pequenas e máis bicudas. As patas son gordiñas e rosadas ou vermellas cincentas. O peteiro é estreito e cónico cunha punta aguda; no inverno é negro amarronado, pero en verán, as femias teñen peteiros amarelo limón, mentres que os machos teñen peteiros amarelos con bases grises azuladas. A muda ocorre unha vez ao ano, a finais do verán unha vez que rematou a estación reprodutora; as plumas recentes teñen evidentes extremos brancos (nas plumas do peito) ou beixe (nas ás e plumas do dorso), o que lle dá á ave a súa aparencia con pintas. A redución na cantidade de pintas na estación reprodutora débese a que se desgastan bastante as puntas brancas das plumas. Os xoves son marróns cincentos e no seu primeiro inverno son semellantes aos adultos, aínda que adoitan manter algunhas plumas marróns xuvenís, especialmente na cabeza.[13][22] Xeralemtne pode determinarse o sexo pola cor do iris, moi marrón nos machos, marrón clara ou gris nas femias. Estimar o contraste entre o iris e a pupila central sempre negra é un método exacto ao 97% para determinar o sexo, e chégase ao 98% considerando tamén a lonxitude das plumas da gorxa.[23][24] O estorniño pinto é de tamaño mediano tanto para as medidas estándar dos estorniños coma dos paseriformes. Distínguese doadamente doutros paseriformes de mediano tamaño, como os tordos, ictéridos ou pequenos córvidos, pola súa cola relativamene pequena, peteiro afiado con forma de navalla, barriga arredondada e forte, patas grandes (e de cor avermellada). En voo, as súas ás moi bicudas e a coloración escura son distintivas, mentres que no chan a súa estraña forma de andar algo parecida á dun pato é tamén característica. A cor e constitución normalmente distinguen esta ave doutros estorniños, aínda que a especie moi emparentada estorniño negro pode distinguirse fisicamente pola falta de pintas iridescentes na plumaxe reprodutora adulta.[25]

 
Un inmaturo en California. Mudou parcialmente á súa plumaxe do primeiro inverno; porén, nos xoves a plumaxe marrón é evidente na cabeza e pescozo

Como a maioría dos estorniños terrestres o estorniño común móvese camiñando ou correndo, en lugar de choutando. O seu voo é bastante potente e directo; as ás de forma triangular baten moi rápido, e periodicamente as aves planean durante un curto treito sen perderen moita altura antes de recomezaren o voo impulsado. Cando está en bandadas, engalan todos os individuos case simultaneamente, dan a volta e xiran ao unísono, forman unha masa compacta ou tranfórmanse gradualmente nun cordón estreito, agrúpanse outra vez e baixan a terra de maneira coordinada.[22] Os estorniños pintos en migración poden voar a de 60 a 80 km/h e cobren distancias de 1000 a 1500 km.[26]

Varios estorniños terrestres, incluíndo os do xénero Sturnus, teñen adaptacións no cranio e músculos que lles axudan a alimentarse sondando.[27] Esta adaptación está moito máis desenvolvida no estorniño pinto (e no negro e Spodiopsar cineraceus), onde os músculos protractores responsables da apertura da mandíbula están agrandados e o cranio é estreito, o que permite que o ollo se mova cara a adiante para mirar o seu peteiro.[28] Esta técnica implica inserir o peteiro no chan e abrilo para buscar alimentos escondidos. Os estorniños pintos teñen os trazos físicos que facilitan o uso desta técnica de alimentación, o cal axudou a esta especie a espallarse.[16]

En Iberia, o oeste do Mediterráneo e o noroeste de África, o estorniño pinto pode confundirse co negro, que, como o seu nome indica, ten unha plumaxe de cor máis uniforme. Vistos de preto, este último ten plumas da gorxa máis longas, o que é especialmente evidente cando canta.[29]

Vocalización editar

Canción dun estorniño pinto
Chamadas "de charla" dun grupo
 
Macho adulto cantando e despregando as súas plumas da gorxa longas
 
Sturnus vulgaris cantando, en Nova York, EUA.

En canto ás súas vocalizacións, non é unha especie ruidosa, pero o conxunto dunha bandada si pode selo. A súa canción consta dunha ampla variedade de ruídos tanto de son metálico coma melódico que forman parte dunha sucesión ritual de sons. O macho é o que máis canta e realiza sesións de canto que duran un minuto ou máis. Cada unha delas inclúe catro variedades de canción, que se cantan unha detrás doutra nunha orde regular e sen pausa. A sesión empeza cunha serie de asubíos de ton puro, que van seguidos da parte principal da canción, a miúdo incorpora certo número de secuencias variables de cachos de cancións que imitan os sons doutras especies de aves e varios sons naturais ou feitos polo home. A estrutura e simplicidade do son imitado é de maior importancia que a frecuencia coa que ocorre. Nalgúns casos, observouse que un estorniño silvestre imitaba un son que só oíra unha vez. Cada corte de son é repetido varias veces antes de que a ave pase ao seguinte. Despois desta sección variable veñen varios tipos de chasquidos repetidos seguidos dunha explosión final de canción de alta frecuencia, de novo formada por varios tipos. Cada ave ten o seu propio repertorio e as aves máis habilidosas teñen unha gama de ata 35 tipos de canción variables e 14 tipos de chasquidos.[30]

Os machos cantan constantemente a medida que se aproxima o período reprodutor e fano menos unha vez que se estableceron os lazos de parella. En presenza dunha femia, o macho ás veces voa ao seu niño e canta desde a entrada, aparentemente intentando atraer a femia. Os exemplares máis vellos adoitan ter un repertorio máis amplo que os máis novos. Os machos que realizan sesións de canto máis longas e que teñen repertorios máis amplos atraen parellas máis rapidamente e teñen un maior éxito reprodutor que os outros. As femias parecen preferir machos con cancións máis complexas, quizais porque isto indica unha maior experiencia ou lonxevidade. Ter unha canción complexa é algo útil para defender un territorio e disuadir machos menos experimentados de traspasalos.[30]

O canto tamén se produce fóra da estación reprodutora, e ten lugar durante todo o ano excepto durante o período de muda. Os cantores son máis frecuentemente machos que femias, aínda que as femias tamén cantan nalgunhas ocasións. A función deste canto fóra de estación non se comprende ben.[30] Describíronse outros once tipos de chamada, incluído a chamada de bandada, a de ameaza, a de ataque, a de gruñido e a de copulación.[31] A chamada de alarma é un chío áspero e mentres buscan alimento xuntos rifan incesantemente.[22] Charlan mentres están pousados e bañándose, facendo moito ruído que pode ser molesto para a xente que vive nos arredores. Cando unha banada voa toda xunta, os movementos sincronizados das ás das aves fau un distintivo son rumbante que pode sentirse a centos de metros á redonda.[31]

Comportamento e ecoloxía editar

Unha gran bandada en Rotterdam, Países Baixos

O estorniño pinto é unha especie moi gregaria, especialmente en outono e inverno. Aínda que o tamaño da bandada é moi variable, e poden formarse enormes e ruidosas bandadas preto dos pousadeiros. Estas densas concentracións de aves pénsase que son unha defensa contra os ataques de aves de presa, como o falcón peregrino ou o gabián común.[32][33] As bandadas forman unha compacta formación con forma de esfera en voo, frecuentemente expandíndose e contraéndose e cambiando de forma, aparentemente sen ningún tipo de líder. Cada estorniño común cambia o seu curso e velocidade como resultado do movemento dos seus vecños máis próximos.[34]

Poden formarse grupos moi grandes en pousadeiros, excepcionalmente de ata 1,5 millóns de exemplares, no centro das cidades, bosques ou xunqueiras, causando problemas cos seus excrementos. Estes poden acumularse ata formar unha capa de 30 cm, matando árbores pola súa concentración de certos compostos químicos. En pequenas cantidades, estes excrementos actúan como fertilizante e, por tanto, os xestores de bosques poden tratar de trasladar un pousadeiro dunha área dun bosque a outra para que se beneficie o solo e evitar a acumulación tóxica de demasiados depósitos nun só lugar.[35]

Poden observarse enormes bandadas de máis dun millón de estorniños xusto antes do solpor en primavera no suroeste de Xutlandia, Dinamarca, sobre as marismas costeiras de Tønder e Esbjerg entre Tønder e Ribe. Xúntanse en marzo ata que as aves do norte de Escandinavia parten en direccións aos seus terreos de reprodución na metade de abril. O seu comportamento de enxamiamento crea complexas formas perfiladas no ceo, un fenómeno coñecido localmente como sol negro (sort sol).[36] Bandadas de cinco mil a cincuenta mil paxaros aparecen en áreas do Reino Unido ao solpor a metade do inverno.[37]

Alimentación editar

 
Unha bandada alimentándose nunha granxa en Irlanda do Norte

O estorniño pinto é en gran medida insectívoro e aliméntse de insectos que son pragas e outros artrópodos. O alimento inclúe arañas, tipúlidos, avelaíñas, efémeras, libélulas, cabalos do demo, saltóns, dermápteros, neurópteros, tricópteros, moscas, escaravellos, sinfitos, abellas, avespas e formigas. As presas consómenas tanto en estado adulto coma larvario e os estorniños tamén se alimentan de anélidos, caracois, pequenos anfibios e lagartos.[38] Aínda que o consumo de invertebrados é necesario para o éxito reprodutor, os estorniños comúns son omnívoros e poden tamén comer cereais, sementes, froitas, néctar e restos de comida se teñen a oportunidade.[39][40][41] Os Sturnidae diferéncianse da maioría das aves en que non poden metabolizar facilmente alimentos que conteñan altos niveis de sacarosa, aínda que poden comer froitas como uvas e cereixas.[42] A subespecie illada dos Azores come os ovos do carrán rosado, unha especie en perigo, polo que alí se están a tomar medidas para reducir a poboación de estorniños pintos facendo matanzas selectivas antes do período do ano en que os carráns regresan ás súas colonias reprodutoras en primavera.[11]

Un adulto buscando alimento para as súas crías

Emprega varios métodos para obter comida, pero principalmente aliméntanse preto do chan, collendo insectos da superficie ou xusto baixo ela. Xeralmente prefiren buscar alimento en zonas de herba cortada curta e a miúdo poden encontrarse entre animais que pastan ou mesmo se pousan nos seus lombos,[41] onde poden comer os parasitos externos dos mamíferos.[16] As grandes bandadas poden realizar unha práctica denominada "alimentación rodante" ("roller-feeding"), na que as aves da parte de atrás da bandada voan continuamente á parte dianteira, onde as oportunidades de alimentación son mellores.[39] Canto máis grande é a bandada, máis próximos están os individuos entre si mentres buscan alimento. As bandadas a miúdo aliméntanse nun lugar durante algún tempo, e regresan aos sitios de alimentación nos que previamente tiveran éxito.[39]

Nesta especie observáronse tres tipos de comportamento de busca de alimento. "Sondar" implica que a ave crava o peteiro no chan ao chou repetitivamente ata que atopa un insecto, e isto adoita ir acompañado da abertura do peteiro no chan para agrandar o burato que fixo. Este comportamento, descrito primeiramente por Konrad Lorenz, que o denominou co termo alemán zirkeln,[43] tamén úsano tamén para crear e ensanchar buratos en bolsas de lixo de plástico. Os estorniños pintos xoves tardan bastante en perfeccionar esta técnica, e debido a isto a dieta dos xoves adoita conter menos insectos.[29] A "captura no aire" é a captura de insectos voadores no aire, e "arremeter" é a técnica menos común, consistente en lanzarse cara a adiante para capturar un invertebrado en movemento no chan. Capturan as lombrigas de terra extraéndoas do chan.[39] Os estorniños pintos que pasan períodos sen ter acceso á comida ou teñen unha redución das horas de luz dispoñibles para procurar alimento, compensan isto incrementando a súa masa corporal acumulando graxa.[44]

Nidificación editar

 
Un dos pais alimentando un polo nun niño nun oco nunha árbore en Inglaterra

Os machos non emparellados unha vez que encontran unha cavidade axeitada empezan a construìr o niño nela para atraer as femias solteiras, a miúdo decorando o niño con ornamentos como flores e material verde fresco, o cal a femia retira antes de aceptalo como parella.[31][45] A cantidade de material verde non é importante, con tal de que estea presente algún, pero a presenza de certas herbáceas no material decorativo parece ser significativo para atraer unha parella. O recendo das plantas como Achillea millefolium actúa como un atractor olfactorio para as femias.[45][46]

Os machos cantan durante gran parte do tempo de construción e aínda máis cando unha femia se achega ao niño. Despois da copulación, o macho e a femia continúan a construír o niño. Os niños poden instalarse en calquera tipo de burato, e localizacións comúns son dentro de árbores ocas, edificios, tocos de árborese e caixas de nidación feitas polo home.[31] S. v. zetlandicus reprodeúsce tipicamente en gretas e buratos de cantís, un hábitat que só raramente usa a forma nominal.[47] Os niños están normalmente feitos de palla, herba seca e ramiñas cun tapizado interno de plumas, la e follas suaves. A construción dura catro ou cinco días e pode continuar ao longo da incubación.[31]

Os estorniños pintos poden ser tanto monógamos coma polígamos; aínda que os polos son xeralmente criados por un macho e unha femia, ocasionalmente a parella pode ter un axudante extra. As parellas poden ser parte dunha colonia, e nese caso outros niños poden ocupar a mesma árbore ou árbores próximas.[31] Os machos poden emparellarse cunha segunda femia mentres que a primeira está aínda no niño. O éxito reprodutivo da ave é peor no segundo niño que no primario e é mellor cando o macho permanece monógamo.[48]

Reprodución editar

 
Cinco ovos nun niño
 
Ovos da especie na colección do Museo de Wiesbaden, Alemaña
 
Polos esperando a ser alimentados na entrada do seu niño feito nun oco nunha parede en Galway, Irlanda

A reprodución ten lugar durante a primavera e verán. Despois da copulación, a femia pon ovos diariamente durante un período de varios días. Se se perde un ovo durante este tempo, poñen outro para substituílo. Poñen normalmente catro ou cinco ovos que son de forma ovoide e de cor azul clara, ás veces branca, e xeralmente son brillantes.[31] A cor dos ovos parece que evolucionou pola relativamente boa visibilidade do azul con pouca luz.[49] O tamaño do ovo é de 26,5 a 34,5 mm de lonxitude e de 20,0 a 22,5 mm de diámetro máximo.[16]

A incubación dura trece días, aínda que o último ovo que se puxo pode tardar 24 horas máis que o primeiro en facer eclosión. Ambos os pais comparten a responsabilidade de chocar os ovos, pero a femia pasa máis tempo incubando que o macho, e de noite faino sempre ela soa, cando o macho regresa aos pousadeiros comunais. Os xoves nacen cegos e espidos. Desenvolven unha penuxe esponxosa lixeira aos sete días da eclosión e poden ver aos nove días.[31] Unha vez que os polos poden regular a súa temperatura corporal, o que ocorre uns seis días despois da eclosión,[50] os adultos deixan en boa medida de retirar as deposicións do niño. Antes diso, os excrementos humedecerían tanto a plumaxe dos polos coma o material de nidación, reducindo así a súa efectividade como illamento e incrementando o risco de arrefriamento das crías.[51] Os polos permanecen no niño durante tres semanas, onde son alimentados continuamente por ambos os proxenitores. As crías emplumadas seguen sendo alimentados polos seus pais durante unha ou dúas semanas máis. Unha parella pode criar ata tres roladas por ano, frecuentemente reutilizando e retapizando o mesmo niño,[31] aínda que o máis típico son dúas roladas,[16] ou só unha ao norte do paralelo 48°N.[26] En dous meses, a maioría dos xoves terá mudado e formado a súa primeira plumaxe básica. Adquiren a súa plumaxe adulta ao ano seguinte.[31] Como ocorre con outros paseriformes, o niño mantense limpo e os sacos fecais dos polos son retirados polos adultos.[52]

O parasitismo de crianza intraespecífico é común nos niños de estorniños. As femias "flotantes" (femias desemparelladas durante a estación reprodutora) presentes nas colonias a miúdo poñen ovos no niño doutra parella.[53] Tamén se informou que as crías emplumadas invaden o que foi o seu propio niño ou niños veciños e expulsan as crías recentes.[31] As crías dos estorniños pintos teñen dun 48% a un 79% de taxa de emplumado con éxito, aínda que só o 20% das crías sobreviven ata a idade reprodutora; a taxa de supervivencia adulta está próxima ao 60%. A duración media da vida é de 2 a 3 anos,[26] cunha mellor marca de lonxevidade de pouco máis de 22 anos.[54]

Predadores editar

A maioría dos depredadores dos estorniños son aves. A resposta típica dos grupos de estorniños é botarse a voar, e adoitan verse bandadas ondulantes de estorniños voando alto en rápidas e áxiles formacións. As súas capacidades de voo son a miúdo igualadas polas das aves de presa.[55][56] Os estorniños adultos comúns son cazados polo azor (Accipiter gentilis) e o gabián (Accipiter nisus),[57] e o falcón peregrino (Falco peregrinus), o falcón pequeno (Falco subbuteo) e o lagarteiro (Falco tinnunculus).[58][59] Rapaces máis lentas como o miñato queimado (Milvus migrans) e o miñato real (Milvus milvus), a aguía Aquila heliaca, o miñato común (Buteo buteo) e o Circus approximans adoitan comer os xoves e crías emplumadas, que son máis doadas de capturar.[60][61][62] Mentres están pousados en grupos pola noite, poden ser vulnerables aos bufos, incluíndo o moucho común (Athene noctua), bufo pequeno (Asio otus), curuxa das xunqueiras (Asio flammeus), curuxa (Tyto alba), avelaiona (Strix aluco) e o bufo real (Bubo bubo).[63][64]

Máis de vinte especies de miñatos, bufos e falcóns predan ocasionalmente nos estorniños en Norteamérica, aínda que os predadores máis regulares de adultos son probablemente os falcóns peregrinos (Falco peregrinus) ou os falcóns paxareiros (Falco columbarius) que viven nas cidades.[65][66] Os Acridotheres tristis ás veces expulsan os ovos, crías e adultos dos niños,[31] e o Indicator minor, un parasito de crianza, usa o estorniño pinto como hóspede.[67] Porén, os estorniños adoitan ser os culpables máis que as vítimas deste desaloxo de niños, especialmente cara a outros estorniños e a petos.[68][69] Os niños poden ser asaltados por mamíferos que poden gabear polas árbores, como os armiños (Mustela erminea), mapaches (Procyon lotor)[70][71] e esquíos (Sciurus spp.),[26] e os gatos poden capturar os individuos confiados.[72]

Parasitos editar

Os estorniños pintos son os hóspedes dunha ampla gama de parasitos. Un estudo de trescentos estorniños pintos nos Estados Unidos atopou que todos teñen polo menos un tipo de parasito; o 99% teñen pulgas externas, ácaros e carrachas e o 95% portaban parasitos internos, principalmente diversos tipos de vermes. As especies chuchadoras de sangue abandonan o seu hóspede cando morre, pero outros parasitos externos permanecen no corpo morto. Nun caso, unha ave co peteiro deformado estaba fortemente infestada por piollos Mallophaga, probablemente debido á súa incapacidade de retiralos.[73]

 
Dermanyssus gallinae, un parasito do estorniño común

A pulga das galiñas (Ceratophyllus gallinae) é a pulga máis común nos seus niños.[74] A pequena pulga do pardal común C. fringillae tamén se encontra ás veces alí, o que se debe probablemente ao hábito do seu hóspede principal de ocupar os niños doutras especies. Esta pulga non vive nos Estados Unidos, nin sequera nos pardais comúns.[75] Entre os piollos están Menacanthus eurystemus, Brueelia nebulosa e Stumidoecus sturni. Outros artrópodos parasitos son Ixodes carrachas e ácaros como Analgopsis passerinus, Boydaia stumi, Dermanyssus gallinae, Ornithonyssus bursa, O. sylviarum, especies de Proctophyllodes, Pteronyssoides truncatus e Trouessartia rosteri.[76] O ácaro das galiñas D. gallinae é á súa vez depredado polo ácaro predador Androlaelaps casalis. A presenza deste mecanismo de control do número de exemplares desta especie parasita pode explicar por que as aves están preparadas para reutilizar niños vellos.[77]

Entre os insectos voadores que parasitan os estorniños comúns están o hipobóscido Omithomya nigricornis[76] e a mosca saprófaga Camus hemapterus. Esta última especie fai que se desprendan as plumas do seu hóspedce e vive das graxas producidas pola súa plumaxe en crecemento.[78] As larvas da avelaíña Hofmannophila pseudospretella son preeiras de niños, xa que se alimentan de materiais como as feces ou crías mortas.[79] Os parasitos sanguíneos protozoarios do xénero Haemoproteus atopáronse tamén nos estorniños pintos,[80] pero unha praga moi coñecida é a nematodo de cor escarlata brillante Syngamus trachea. Este verme trasládase desde os pulmóns á traquea e pode causar que o seu hóspede afogue. Na Bretaña, a gralla grande e o estorniño pinto son as aves silvestres máis infestadas.[81] Outros parasitos internos rexistrados son os vermes Prosthorhynchus transverses.[82]

Os estorniños pintos poden contraer a tuberculose aviaria,[83][84] a malaria aviaria[85][86] e linfomas inducidos por retrovirus.[87] Os estorniños comúns a miúdo acumulan un exceso de ferro no seu fígado, unha condición que pode previrse engadindo follas de negro á comida de aves capturadas.[88][89]

Distribución e hábitat editar

A poboación global de estorniños pintos foi estimada en 310 millóns de individuos en 2004, ocupando unha área total de 8 870 000 km2.[90] A ave é nativa de Europa e está moi espallada polo hemisferio norte e pode encontrarse en Europa, norte de África (desde Marrocos a Exipto), India (principalmente no norte pero esténdese regularmente máis ao sur[91] e chega ás Maldivas[92]) Nepal, o Oriente Próximo, incluíndo Siria, Irán e Iraq e o noroeste da China.[90]

 
Unha bandada descansando nun piñeiro durante a migración

Os exemplares do sur e oeste de Europa e ao sr da latitude 40°N son principalmente sedentarias,[26] aínda que outras poboacións migran desde rexións onde o inverno é duro, o chan conxélase e a comida escasea. Gran número de aves do norte de Europa, Rusia e Ucraína migran cara ao suroeste ou sueste.[22][30] No outono, cando os inmigrantes chegan do leste de Europa, moitos dos estorniños pintos británicos parten en dirección á Península Ibérica e Norte de África. Outros grupos de aves están de paso polas illas británicas e as vías utilizadas por estas correntes de aves diferentes poden cruzarse.[22] Das 15 000 aves aneladas cando eran crías en Merseyside, Inglaterra, recuperáronse algunhas en varios momentos do ano a bastante distancia, como en Noruega, Suecia, Finlandia, Rusia, Ucraína, Polonia, Alemaña e os Países Baixos.[93] Unha pequena cantidade de estorniños pintos foron observados esporadicamente no Xapón e Hong Kong, pero non está claro de onde procedían.[30] En América do Norte, as poboaciósn do norte desenvolveron un padrón de migración, abandonando gran parte do Canadá en inverno.[94] As aves no leste do Canadá móvense cara ao sur e os de máis ao oeste pasan ao inverno no suroeste dos Estados Unidos.[16]

O estorniño pinto prefire áreas urbanas e suburbanas, onde as estruturas artificiais e as árbores lles proporcionan sitios de nidificación axeitados e sitios para pousarse. As xunqueiras son tamén sitios favoritos para pousarse e as aves aliméntanse xeralmente en áreas herbosas, como granxas, pasteiros, campos deportivos, campos de golf e aeródromos, onde a herba curta fai que a procura de alimento sexa doada.[39] Habitan ocasionalmente en áreas boscosas abertas ou non e encóntranse ás veces e áreas arbustivas como as uceiras de Australia. Raramente habitan en bosques densos e húmidos (é dicir, selvas ou bosques esclerófilos), pero encóntranse en áreas costeiras, onde nidifican e se pousan en cantís e buscan comida entre as algas. A súa capacidade de adaptarse a unha gran variedade de hábitats permítilles espallarse a diversos lugares e establecerse en diversas partes do mundo, polo que o seu hábitat vai desde as zonas costeiras húmidas aos bosques alpinos, desde cantís mariños a cadeas montañosas a 1 900 m sobre o nivel do mar.[39]

Poboacións introducidas editar

O estorniño pinto foi introducido e conseguiu establecerse en Nova Zelandia, Australia, Suráfrica, América do Norte, Fidxi e varias illas do Caribe. Como resultado, pode emigrar a Tailandia, sueste asiático e Nova Guinea.[39]

América do Sur editar

Os primeiros rexistros de estorniños en Suramérica foron os de cinco individuos transportados nun barco procedente de Inglaterra, que quedaron ceibos preto do lago Maracaibo en Venezuela en 1949, pero despois non se soubo máis deles.[95] En 1987, detectouse unha pequena poboación de estorniños pintos nidificando nos xardíns da cidade de Buenos Aires.[41][96] Desde entón, malia algúns intentos iniciais de erradicación, a ave foi expandindo a súa área de reprodución a un ritmo de 7,5 km por ano, pero manténdose a unha distancia máxima de 30 km das costas atlánticas. Na Arxentina, a especie utiliza diversos sitios de nidificación naturais e feitos polo home, especialmente buratos escavados por petos.[96]

Australia editar

Foi introducido en Australia para que comese insectos que eran pragas para a agricultura. Os primeiros colonos esperaban ilusionados a súa chegada porque crían que esta ave era importante para a polinización do liño, un produto agrícola importante. Situaron caixas de nidificación para os exemplares que se acababan de ceibar en granxas preto dos campos de cultivo. Foi introducido en Melbourne en 1857 e en Sidney dúas décadas despois.[39] Na década de1880, as poboacións establecidas estaban presentes no sueste do país grazas aos esforzos dos comités de aclimatación.[97] Na década de 1920 xa estaban espallados por toda Victoria, Queensland e Nova Gales do Sur, pero daquela xa eran considerados eles mesmos unha praga.[39] Aínda que foron observados en Albany, Australia Occidental en 1917, se lles impediu en boa medida espallarse polo estado. A ampla e árida chaira de Nullarbor supón para eles unha barreira natural e as medidas de control adoptadas mataron 55 000 aves en 30 anos.[98] Tamén colonizou as illas Kangaroo, Lord Howe, Norfolk e Tasmania.[95]

Nova Zelandia editar

Os primeiros colonizadores de Nova Zelandia despexaron zonas arbustivas e plantaron cultivos que foron invadidos por exércitos de eirugas e outros insectos que foran privados das súas anteriores fontes de alimento. As aves nativas non estaban habituadas a vivir en estreita proximidade co home, polo que o estorniño pinto foi introducido desde Europa xunto co pardal común para controlaren as pragas. Introduciuse primeiramente en 1862 pola Nelson Acclimatisation Society e despois houbo outras introducións. As aves axiña se estableceron e agora ancóntranse por todo o país, incluíndo as illas Kermadec subtropicais no norte e a illa Macquarie no sur.[99][100]

América do Norte editar

 
Bandada no val do Napa, California
 
En Half Moon Bay, California
 
Un estorniño pinto en vo na bisbarra de St. Louis, Missouri.

Despois de dous intentos fallados,[101] en 1890 liberáronse 60 estorniños pintos no Central Park de Nova York por iniciativa de Eugene Schieffelin, que era presidente da American Acclimatization Society, a cal parece que trataba de introducir en América do Norte todas as especies de aves mencionadas nas obras de William Shakespeare,[102][103] aínda que isto é discutido.[104][105] Aproximadamente na mesma data, o Portland Song Bird Club ceibou 35 parellas de estorniños pintos en Portland, Oregón. Estas aves conseguiron establecerse, pero desapareceron arredor de 1902. Os estorniños pintos reapareceron no noroeste do Pacífico a metade da década de 1940 e estas aves eran probablemente descendentes da introdución de 1890 en Central Park.[101] As 60 aves orixinais desde entón multiplicáronse ata seren hoxe 150 millóns, e ocupan unha área que se estende desde o sur do Canadá e Alasca a América Central.[38][101]

Polinesia editar

O estorniño pinto parece que chegou a Fidxi en 1925 nas illas de Ono-i-lau e Vatoa. Probablemente procedían de Nova Zelandia a través da illa Raoul das illas Kermadec, onde é abondoso, un grupo de illas é aproximadamente equidistante de Nova Zelandia e Fidxi. A súa expansión en Fidxi foi limitada e hai dúbidas sobre a viabilidade da poboación. Tonga foi colonizada aproximadamente na mesma data e as aves estiveron espallándose lentamente cara ao norte dentro do arquipélago.[106][107]

Suráfrica editar

En Suráfrica, o estorniño común foi introducido en 1897 por Cecil Rhodes. Espallouse lentamente e en 1954 alcanzara Clanwilliam e Port Elizabeth. Agora é común no sur da rexión do Cabo, facéndose máis escaso cara ao noroeste ata a área de Johannesburgo. Está presente nas provincias surafricanas do Cabo Oeste, Cabo Leste e Estado Libre e as terras baixas de Lesotho, con avistamentos ocasionais en KwaZulu-Natal, Gauteng e arredor da cidade de Oranjemund en Namibia. As poboación do sur de África parecen ser residentes e a ave está fortemente asociada co home e os hábitats antropoxénicos. Prefire terras regadas e está ausente de rexións nas que o chan está tan seco e endurecido que é imposible sondalo para buscar insectos. Pode competir con aves nativas por gretas para facer o niño, pero as especies indíxenas probablemente están en maior desvantaxe pola destrución do seu hábitat natural que pola competición interespecífica. Reprodúcese de setembro a decembro e fóra da estación reprodutora pode congregarse en grandes bandadas, pousándose a miúdo en xunqueiras. É a especie de ave máis común en áreas urbanas e agrícolas.[108]

Antillas editar

En 1901, os habitantes de Saint Kitts pediron ao Secretario Colonial unha ″subvención gobermental de estorniños para exterminar″ unha praga de saltóns que estaba causando un enorme dano ás súas colleitas.[109] O esorniño pinto foi introducido en Xamaica en 1903, e as Bahamas e Cuba foron colonizadas de forma natural desde os EUA.[26][110] Esta ave é bastante común pero local en Xamaica, Gran Bahama e Bimini, e é rara no resto das Bahamas, leste de Cuba,[111] as illas Cayman, Porto Rico e St. Croix.[112]

Status editar

A poboación global desta especie estímase en máis de 310 millóns de individuos e non se cre que estea declinando significativamente, polo que a ave está clasificada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza cun status de "especie pouco preocupante".[1] A súa cantidade aumentou marcadamente en Europa desde o século XIX ata as décadas de 1950 e 1960. Arredor de 1830, S. v. vulgaris expandiu a súa área de distribución nas illas británicas, espallándose a Irlanda e áreas de Escocia, onde anteriormente estaba ausente, aínda que S. v. zetlandicus estaba xa presente nas Shetland e Hébridas exteriores. Está reproducíndose en Suecia desde 1850 e en Islandia desde 1935. A área de reprodución estendeuse a través do sur de Francia ata o noroeste da Península Ibérica, e producíronse outras expansións, especialmente en Italia, Austria e Finlandia.[13] Empezou a reproducirse na Península Ibérica en 1960, mentres que o estorniño negro expandiuse cara ao norte desde a década de 1950. O baixo ritmo de avance de ambas as especies, de só uns 4,7 km ao ano, débese ás montañas e terras boscosas con condicións por debaixo do óptimo que atopa. Desde entón a expansión fíxose máis aínda máis lenta debido á competición directa entre estas dúas especies similares naqueles sitios onde se solapan no sur de Francia e noroeste da Península Ibérica.[16][113]

Os maiores declives da poboación observáronse desde 1980 en adiante en Suecia, Finlandia, norte de Rusia (Carelia) e os estados bálticos, e experimentou declives menores en gran parte do resto do norte e centro de Europa.[13] Foi afectada negativamente nesas áreas pola agricultura intensiva e en varios países foi incluída na lista vermella debido aos declives de poboación que sufriu de máis do 50%. A súa cantidade minguou no Reino Unido en máis do 80% entre 1966 e 2004; aínda que as poboacións nalgunhas áreas como Irlanda do Norte permanecen estables e mesmo se incrementan, noutras áreas, principalmente en Inglaterra, diminúen máis abruptamente. Este declive en conxunto parece deberse á baixa taxa de supervivencia das aves novas, que pode ser causada polos cambios nas prácticas agrícolas.[114] Os métodos de agricultura intensiva usados no norte de Europa significan que hai menos pasto e menos hábitat de prado dispoñible e a cantidade de invertebrados de pradeira necesarios para que prosperen as crías reducíuse en correspondencia.[115]

Relacións cos humanos editar

Beneficios e problemas editar

 
Congregación en cables en Francia
 
Alimentándose dunha mazá caída

Dado que o estorniño pinto come insectos adultos que son pragas así como larvas de elatéridos, son considerados beneficiosos no norte de Eurasia, e esta foi unha das razóns polas que se introduciron estas aves noutras partes do mundo. Foron colocadas uns 25 millóns de caixas de nidación para esta especie na antiga Unión Soviética, e os estorniños comúns demostraron ser efectivos no control da larva de Costelytra zelandica en Nova Zelandia.[16] A introdución orixinal en Australia foi facilitada pola colocación de caixas de nidación para axudar a esta ave principalmente insectívora a reproducirse con éxito,[39] e incluso nos EUA, onde a ave é considerada praga, o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos recoñece o enorme número de insectos que consomen os estorniños pintos.[116]

Os estorniños pintos introducidos en áreas como Australia ou América do Norte, onde outros membros do xénero están ausentes, poden afectar especies nativas por competición polos buratos para nidificar. En América do Norte, poden verse afectados os Poecile, sítidos, petos, Progne subis e outras anduriñas.[101][117] En Australia, entre os competidores polos sitios de nidificación están os Platycercus elegans e Platycercus eximius.[118] Polo seu papel no declive das especies nativas locais e os danos na agricultura, o estorniño pinto foi incluído na Lista das 100 peores especies invasoras do mundo da IUCN.[119]

Os estorniños comúns poden comer e danar as froitas, como as uvas, pexegoes, olivas, grosellas e tomates ou desenterran os grans de cereais acabados de sementar e os gromos das colleitas.[41][120] Poden tamén comer alimentos animais e distribuír as sementes coas súas feces. No leste de Australia, malas herbas como Asparagus asparagoides, as amoras e Chrysanthemoides monilifera pénsase que foron espallados polos estorniños pintos.[121] Estimouse que os danos agrícolas que causa nos EUA supoñen un custo dun 800 millóns de dólares ao ano.[116] Esta ave non é considerada daniña para a agricultura en Suráfrica.[67]

O gran tamaño das bandadas pode tamén causar problemas. Os estorniños pintos comúns poden ser absorbidos polas turbinas dos motores dos avións a propulsión a chorro; un dos peores casos foi un incidente en Boston en 1960, no que morreron 62 persoas cando caeu ao mar un avión comercial que se encontrara cunha bandada no porto de Winthrop.[122]

Os excrementos dos estorniños poden conter o fungo Histoplasma capsulatum, causante de histoplasmose en humanos. Nos sitios onde se pousan habitualmente este fungo pode prosperar en acumulacións de excrementos.[16] Hai outras doenzas infecciosas que potencialmente poden transmiitr estes estorniños aos humanos,[116] aínda que a capacidade desta ave de transmitir infeccións probablemente se esaxerou moito.[101]

Na cidade de Lugo as bandadas de estorniños causan con frecuencia grandes molestias e encárgase o seu control a unha empresa.[123][124]

Control editar

Debido aos danos que causan, houbo intentos de controlar as poboacións nativs ou introducidas dos estorniños pintos. Dentro da súa área de reprodución natural, isto pode variar segundo as diversas lexislacións de cada país. Por exemplo, en España, é unha especie que se caza comercialmente para comela e ten un período de veda, mentres que en Francia está clasificada como praga, e a estación na cal pode matarse comprende a maior parte do ano. En Gran Bretaña, os estorniños están protexidos pola Wildlife and Countryside Act 1981, que considera "ilegal matar intencionadamente, danar ou capturar estorniños, ou capturar, danar ou destruír niños activos ou o seu contido". Ao contrario, a Wildlife Order de Irlanda do Norte permite, cunha licenza xeral, a "unha persoa autorizada controlar estorniños para previr danos graves á agricultura ou preservar a saúde e seguridade pública".[125] Esta especie é migratoria, polo que as aves afectadas polas medidas de control poden proceder dunha ampla área e de grandes poboacións reprodutoras e a especie non se ve moi prexudicada. En Europa, as variadas lexislacións e as poboacións móbiles implican que os intentos de control non adoitan ter resultados a longo prazo.[120] Técnicas non letais como espantalos con artefactos visuais ou auditivos teñen só un efecto temporal.[26]

Nas cidades póusanse ás veces enormes bandadas que poden crear problemas debido ao ruído e rebumbio que fan e o cheiro das súas deposicións. En 1949, pousáronse tantos exemplares nas agullas do Big Ben de Londres que este reloxo parou, e intentouse sen éxito molestalos con redes, repelentes químicos nas cornixas e emisións de sons coas chamadas de alarma dos estorniños pintos.[126]

 
Exemplar visitando un alimentador para aves. O adulto ten un bico negro en inverno.

Alí onde é unha especie introducida non está protexido pola lexislación, e poden iniciarse plans de control. Pódeselles impedir que utilicen caixas de nidificación asegurándose que os buratos de acceso das caixas son menores de 38 mm de diámetro, e a eliminación de perchas para pousarse desanímaos a visitar os alimentadores de aves.[101]

En Australia Occidental está prohibida a importación de estorniños pintos desde 1895. As novas bandadas que chegan desde o leste son cazadas a tiros, mentres que os menos precavidos exemplares xoves son capturados con redes.[97] Estánse a desenvolver novos métodos, como etiquetar un exemplar e rastrealo para deteminar onde se encontran os pousadeiros dos outros membros da súa bandada.[127] Outra técnica é analiar o ADN das poboacións de estorniños pintos australianos para rastrear onde está ocorrendo unha migración do leste ao oeste para poder aplicar as mellores estratexias preventivas.[128] En 2009, só quedaban 300 estorniños pintos en Australia Occidental e o estado dedicou ese ano un orzamento de 400&nbps,000 dólares australianos para continuar co programa de erradicación.[129]

Nos Estados Unidos, os estorniños pintos están exentos da aplicación da Lei do Tratado de Aves Migratorias, que prohibe capturar ou matar aves migratorias.[130] Non hai que pedir permisos para retirar niños e ovos ou matar crías ou adultos desta especie.[101] Realizáronse estudos en 1966 para identificar un avicida axeitado para matar estorniños pintos, que fose comido rapidamente por eles. Tamén se necesita que sexa de baixa toxicidade para os mamíferos e non sexa probable que cause a morte de animais de compañía que coman as aves mortas. O produto químico que cumpría estes criterios era o DRC-1339, agora comercializado co nome de Starlicide.[131] En 2008, o goberno dos Estados Unidos envelenou, matou a tiros ou atrapou 1,7 millóns de aves, o que é o maior número de eliminacións de calquera especie prexudicial que se tratase de erradicar.[132] En 2005, a poboación destas aves nos Estados Unidos estimábase en 140 millóns de exemplares,[133] arredor do 45% do total mundial de 310 millóns de exemplares.[1]

Na ciencia e cultura editar

 
Estorniño pinto nunha gaiola

Os estorniños pintos poden terse como aves de compañía ou animais de laboratorio. O etólogo austríaco Konrad Lorenz escribiu sobre eles no seu libro Er redete mit dem Vieh, den Vögeln und den Fischen referíndose a eles como "o can do home pobre" e "algo que amar",[134] porque as crías son fáciles de conseguir na natureza e cos coidados correctos na súa crianza son agradecidos para coidar.[134][135] Adáptanse ben á catividade e prosperan con dietas típicas para a alimentación das aves e larvas do escaravello Tenebrio molitor. Poden terse varios exemplares na maesma gaiola e a súa curiosidade fai que sexa doado adestralos ou estudalos. As únicas desvantaxes son os seus hábitos de defecación desagradables e indiscriminados e a necesidade de tomar precaucións contra as doenzas que poden transmitir aos humanos. Como ave de laboratorio, é a segunda máis usada detrás das pombas das rochas domésticas (Columba livia domestica).[42]

A habilidade do estorniño pinto para a imitación vocal coñécese desde hai moito tempo. Na obra medieval galesa Mabinogion, o personaxe feminino Branwen demesticou un estorniño pinto, "ensinoulle palabras", e enviouno a través do mar de Irlanda cunha mensaxe para os seus irmáns, que despois navegaron de Irlanda a Gales para rescatala.[136] Plinio o Vello afirmaba que a estas aves podía ensinárselles a dicir frases completas en latín e grego, e no libro Henrique IV de William Shakespeare o personaxe Hotspur declara que o rei lle prohibiu falar de Mortimer, pero que vai ensinarlle a falar a un estorniño para que o faga.[137]

 
A "canción do estorniño" de Mozart

Mozart tiña como ave de compañía un estorniño pinto que podía cantar o seu Concerto para piano en sol maior (KV. 453).[126] Comprárao nunha tenda despois de oílo cantar unha frase dunha obra que el escribira seis semanas antes, que aínda non se tocara en público. Quedou moi unido ao paxaro e encargou un elaborado funeral para el cando a ave morreu tres anos despois. Suxeriuse que a súa peza Ein musikalischer Spaß (K. 522) puido ser escrita no estilo cómico intrascendente da vocalización do estorniño.[37] Outras persoas que foron donos de estorniños pintos informaron do moi hábiles que son aprendendo frases e expresións. As palabras carecen de significado para o estorniño, polo que a miúdo mestúranas ou utilízanas cando aos humanos consideran que é inapropiado nas súas cancións.[138] A súa capacidade de imitación vocal é tan grande que algunhas persoas ao oílos buscan en van a "persoa" que cren que acaba de falar.[37]

Os estorniños pintos son capturados para comelos nalgúns países mediterráneos.[16] A súa carne considérase de baixa calidade, polo que é guisado ou convertido en paté.[126][139][140]

A introdución de estorniños europeos nos Estados Unidos en 1890 polo fabricante de produtos farmacéuticos de Nova York Eugene Schieffelin foi recreado na serie de televisión Ozark no episodio 7 da 1ª tempada titulado "Nest Box."

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2016). "Sturnus vulgaris". The IUCN Red List of Threatened Species. p. e.T22710886A87847984. Consultado o 4 de maio de 2019. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Definición de Estorniño pinto no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  5. Long, John L. (1981). Introduced Birds of the World. Agricultural Protection Board of Western Australia. pp. 21–493
  6. Linnaeus (1758) p.167.
  7. Jobling (2010) pp. 367, 405.
  8. Feare & Craig (1998) p. 13.
  9. Zuccon, Dario; Cibois, Alice; Pasquet, Eric; Ericson, Per G P (2006). "Nuclear and mitochondrial sequence data reveal the major lineages of starlings, mynas and related taxa". Molecular Phylogenetics and Evolution 41 (2): 333–344. PMID 16806992. doi:10.1016/j.ympev.2006.05.007. 
  10. 10,0 10,1 Zuccon, Dario; Pasquet, Eric; Ericson, Per G P (setembro de 2008). "Phylogenetic relationships among Palearctic – Oriental starlings and mynas (genera Sturnus and Acridotheres: Sturnidae)" (PDF). Zoologica Scripta 37 (5): 469–481. doi:10.1111/j.1463-6409.2008.00339.x. 
  11. 11,0 11,1 Neves, Verónica C; Griffiths, Kate; Savory, Fiona R; Furness, Robert W; Mable, Barbara K (2009). "Are European starlings breeding in the Azores archipelago genetically distinct from birds breeding in mainland Europe?". European Journal of Wildlife Research 56 (1): 95–100. doi:10.1007/s10344-009-0316-x. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  12. Bedetti, C (2001). "Update Middle Pleistocene fossil birds data from Quartaccio quarry (Vitinia, Roma, Italy)". Proceedings 1st. International Congress the World of Elephants: 18–22. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 Snow & Perrins (1998) pp. 1492–1496.
  14. 14,0 14,1 Vaurie, Charles (1954). "Systematic Notes on Palearctic Birds. No. 12. Muscicapinae, Hirundinidae, and Sturnidae". American Museum Novitates 1694: 1–18. 
  15. A táboa está baseada en Feare & Craig (1998). As parénteses indican que o nome científico cambiou e non é o orixinal.
  16. 16,00 16,01 16,02 16,03 16,04 16,05 16,06 16,07 16,08 16,09 16,10 16,11 Feare & Craig (1998) pp. 183–189.
  17. Esta forma foi descrita por Hodgson como S. indicus na obra de Gray Zoological Miscellany de 1831, e pode ter prioridade taxonómica sobre humii.
  18. Gray (1831) p. 84.
  19. Rasmussen & Anderton (2005) p. 583.
  20. Neves (2005) pp. 63–73.
  21. Parkin & Knox (2009) pp. 65, 305–306.
  22. 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 Coward (1941) pp. 38–41.
  23. Smith, E L; Cuthill, I C; Griffiths, R; Greenwood, V J; Goldsmith, A R; Evans, J E (2005). "Sexing Starlings Sturnus vulgaris using iris colour" (PDF). Ringing & Migration 22 (4): 193–197. doi:10.1080/03078698.2005.9674332. 
  24. Harrison, James M (1928). "The colour of the soft parts of the starling". British Birds 22 (2): 36–37. 
  25. Cabe, Paul R. 1993. European Starling (Sturnus vulgaris), The Birds of North America Online (A. Poole, Ed.). Ithaca: Cornell Lab of Ornithology.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 26,5 26,6 Linz, George M; Homan, H Jeffrey; Gaulker, Shannon M; Penry, Linda B; Bleier, William J (2007). "European starlings: a review of an invasive species with far-reaching impacts". Managing Vertebrate Invasive Species. Paper 24: 378–386. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 2013-01-22. 
  27. Feare & Craig (1998) pp. 21–22.
  28. del Hoyo et al (2009) pp. 665–667.
  29. 29,0 29,1 del Hoyo et al (2009) p. 725.
  30. 30,0 30,1 30,2 30,3 30,4 Feare, Chris (1996). "Studies of West Palearctic Birds: 196. Common starling Sturnus vulgaris". British Birds 89 (12): 549–568. 
  31. 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 Higgins et al (2006) pp. 1923–1928.
  32. Taylor & Holden (2009) p. 27.
  33. Carere, Claudio; Montanino, Simona; Moreschini, Flavia; Zoratto, Francesca; Chiarotti, Flavia; Santucci, Daniela; Alleva, Enrico (2009). "Aerial flocking patterns of wintering starlings, Sturnus vulgaris, under different predation risk". Animal Behaviour 77 (1): 101–107. ISSN 0003-3472. doi:10.1016/j.anbehav.2008.08.034. 
  34. Hildenbrandt, H; Carere, C; Hemelrijk, C K (2010). "Self-organized aerial displays of thousands of starlings: a model". Behavioral Ecology 21 (6): 1349–1359. ISSN 1465-7279. doi:10.1093/beheco/arq149. 
  35. Currie et al (1977) leaflet 69.
  36. Winkler, Bjarne (2006-06-19). "Black Sun in Denmark". Earth Science Picture of the Day. NASA Earth Science Division, EOS Project Science Office and the Universities Space Research Association. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2013-01-10. 
  37. 37,0 37,1 37,2 West, Meredith J; King, Andrew P (1990). "Mozart's Starling" (PDF). American Scientist 78: 106–114. Bibcode:1990AmSci..78..106W. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xuño de 2014. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  38. 38,0 38,1 Adeney, J M (2001). "European starling (Sturnus vulgaris)". Introduced Species Summary Project. Columbia University. Consultado o 2013-01-01. 
  39. 39,00 39,01 39,02 39,03 39,04 39,05 39,06 39,07 39,08 39,09 Higgins et al. (2006) pp. 1907–1914.
  40. Thomas, H F (1957). "The Starling in the Sunraysia District, Victoria. Part I". Emu 57 (1): 31–48. doi:10.1071/MU957031. 
  41. 41,0 41,1 41,2 41,3 Kirkpatrick, Win; Woolnough, Andrew P (2007). "Common starling" (PDF). Pestnote. Department of Agriculture and Food Australia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2016. Consultado o 2013-01-19. 
  42. 42,0 42,1 Hawkins, P; Morton, D B; Cameron, D; Cuthill, I; Francis, R; Freire, R; Gosler, A; Healey, S; Hudson, A; Inglis, I; Jones, A; Kirkwood, J; Lawton, m; Monaghan, P; Sherwin, C; Townsend, P (2001). "The starling, Sturnus vulgaris" (PDF). Laboratory Animals 35 (Supplement 1: Laboratory birds: refinements in husbandry and procedures): 120–126. doi:10.1258/0023677011912164. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2013-03-03. 
  43. Tinbergen, J. M. (1981). "Foraging decisions in starlings (Sturnus vulgaris L.)". Ardea 69: 1–67. 
  44. Witter, M S; Swaddle, J P; Cuthill, I C (1995). "Periodic food availability and strategic regulation of body mass in the European starling, Sturnus vulgaris". Functional Ecology 9 (4): 568–574. JSTOR 2390146. doi:10.2307/2390146. 
  45. 45,0 45,1 Brouwer, Lyanne; Komdeur, Jan (2004). "Green nesting material has a function in mate attraction in the European starling" (PDF). Animal Behaviour 67 (3): 539–548. doi:10.1016/j.anbehav.2003.07.005. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2013-03-03. 
  46. Gwinner, Helga; Berger, Silke (2008). "Starling males select green nest material by olfaction using experience-independent and experience-dependent cues". Animal Behaviour 75 (3): 971–976. doi:10.1016/j.anbehav.2007.08.008. 
  47. Michael, Edwin D (1971). "Starlings nesting in rocky cliffs". Bird-Banding 42 (2): 123. JSTOR 4511747. doi:10.2307/4511747. 
  48. Sandell, Maria I; Smith, Henrik G; Bruun, Måns (1996). "Paternal care in the European Starling, Sturnus vulgaris: nestling provisioning". Behavioral Ecology and Sociobiology 39 (5): 301–309. doi:10.1007/s002650050293. 
  49. Węgrzyn, E; Leniowski, K; Rykowska, I; Wasiak, W (2011). "Is UV and blue-green egg colouration a signal in cavity-nesting birds?". Ethology Ecology and Evolution 23 (2): 121–131. doi:10.1080/03949370.2011.554882. 
  50. Marjoniemi (2001) p. 19.
  51. Burton (1985) p. 187.
  52. Wright, Jonathan; Cuthill, Innes (1989). "Manipulation of sex differences in parental care". Behavioral Ecology and Sociobiology 25 (3): 171–181. doi:10.1007/BF00302916. 
  53. Sandell, M I; Diemer, Michael (1999). "Intraspecific brood parasitism: a strategy for floating females in the European starling". Animal Behaviour 57 (1): 197–202. PMID 10053087. doi:10.1006/anbe.1998.0936. 
  54. "European Longevity Records". Euring. Consultado o 2013-01-20. 
  55. Powell, G V N (1974). "Experimental analysis of the social value of flocking by starlings (Sturnus vulgaris) in relation to predation and foraging". Animal Behaviour 22 (2): 501–505. doi:10.1016/S0003-3472(74)80049-7. 
  56. Witter, Mark S; Cuthill, Innes C; Bonser, Richard H (1994). "Experimental investigations of mass-dependent predation risk in the European starling, Sturnus vulgaris". Animal Behaviour 48 (1): 201–222. doi:10.1006/anbe.1994.1227. 
  57. Génsbøl (1984) pp. 142, 151.
  58. Génsbøl (1984) pp. 239, 254, 273.
  59. Bergman, G (1961). "The food of birds of prey and owls in Fenno-Scandia" (PDF). British Birds 54 (8): 307–320. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2019. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  60. Génsbøl (1984) pp. 67, 74, 162.
  61. Baker-Gabb, D J (1981). "Diet of the Australasian Harrier in Manawatu-Rangitikei Sand Country" (PDF). Notornis 28 (4): 241–254. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de abril de 2017. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  62. Chavko, J; Danko, Š; Obuch, J; Mihók, J (2012). "The food of the Imperial Eagle (Aquila heliaca) in Slovakia". Slovak Raptor Journal 1: 1–18. doi:10.2478/v10262-012-0001-y. 
  63. Glue, David E (1972). "Bird prey taken by British owls". Bird Study 19 (2): 91–96. doi:10.1080/00063657209476330. 
  64. Marchesi, L; Sergio, F; Pedrini, P (2002). "Costs and benefits of breeding in human‐altered landscapes for the eagle owl Bubo bubo". Ibis 144 (4): E164–E177. doi:10.1046/j.1474-919X.2002.t01-2-00094_2.x. 
  65. Cabe, P R. "European Starling: The Birds of North America Online". The Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 2013-12-30. 
  66. Sodhi, Navjot S; Oliphant, Lynn W (1993). "Prey selection by urban-breeding Merlins". The Auk 110 (4): 727–735. JSTOR 4088628. 
  67. 67,0 67,1 "Sturnus vulgaris (Common starling, Eurasian starling, European starling)". Biodiversity Explorer. IZIKO, Museums of Cape Town. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2012-12-30. 
  68. Evans, P G H (1988). "Intraspecific nest parasitism in the European starling Sturnus vulgaris". Animal Behaviour 36 (5): 1282–1294. doi:10.1016/S0003-3472(88)80197-0. 
  69. Short, Lester L (1979). "Burdens of the picid hole-excavating habit". The Wilson Bulletin 91 (1): 16–28. JSTOR 4161163. 
  70. Bull, P C; Flux, John E C (2006). "Breeding dates and productivity of starlings (Sturnus vulgaris) in northern, central, and southern New Zealand" (PDF). Notornis 53: 208–214. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2018. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  71. Begg, Barbara (2009). "Northern Raccoon predation on European Starling nestlings in British Columbia" (PDF). Wildlife Afield 6 (1): 25–26. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2013. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  72. "Are cats causing bird declines?". Royal Society for the Protection of Birds. Arquivado dende o orixinal o 2012-12-15. Consultado o 2013-01-01. 
  73. Boyd, Elizabeth M (1951). "A Survey of Parasitism of the Starling Sturnus vulgaris L. in North America". The Journal of Parasitology 37 (1): 56–84. JSTOR 3273522. PMID 14825028. doi:10.2307/3273522. 
  74. Rothschild & Clay (1953) pp. 84–85.
  75. Rothschild & Clay (1953) p. 115.
  76. 76,0 76,1 Higgins et al (2006) p.1960 Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. .
  77. Lesna, I; Wolfs, P; Faraji, F; Roy, L; Komdeur, J; Sabelis, M W. "Candidate predators for biological control of the poultry red mite Dermanyssus gallinae" in Sparagano (2009) pp. 75–76.
  78. Rothschild & Clay (1953) p. 222.
  79. Rothschild & Clay (1953) p. 251.
  80. Rothschild & Clay (1953) p. 169.
  81. Rothschild & Clay (1953) pp. 180–181.
  82. Rothschild & Clay (1953) p. 189.
  83. Gaukler, Shannon M; Linz, George M; Sherwood, Julie S; Dyer, Neil W; Bleier, William J; Wannemuehler, Yvonne M; Nolan, Lisa K; Logue, Catherine M (2009). "Escherichia coli, Salmonella, and Mycobacterium avium subsp. Paratuberculosis in wild European starlings at a Kansas cattle feedlot". Avian Diseases 53 (4): 544–551. JSTOR 25599161. PMID 20095155. doi:10.1637/8920-050809-Reg.1. 
  84. Corn, Joseph L; Manning, Elizabeth J; Sreevatsan, Srinand; Fischer, John R (2005). "Isolation of Mycobacterium avium subsp. paratuberculosis from free-ranging birds and mammals on livestock premises". Applied and Environmental Microbiology 71 (11): 6963–6967. PMC 1287718. PMID 16269731. doi:10.1128/AEM.71.11.6963-6967.2005. 
  85. Rothschild & Clay (1953) pp. 235–237.
  86. Janovy, John (1966). "Epidemiology of Plasmodium hexamerium Huff, 1935, in meadowlarks and starlings of the Cheyenne Bottoms, Barton County, Kansas". Journal of Parasitology 52 (3): 573–578. JSTOR 3276329. PMID 5942533. doi:10.2307/3276329. 
  87. Wade, Laura L; Polack, Evelyne W; O'Connell, Priscilla H; Starrak, Gregory S; Abou-Madi, Noha; Schat, Karel A (1999). "Multicentric lymphoma in a European Starling (Sturnus vulgaris)". Journal of Avian Medicine and Surgery 13 (2): 108–115. JSTOR 30135214. 
  88. Crissey, Susan D; Ward, Ann M; Block, Susan E; Maslanka, Michael T (2000). "Hepatic iron accumulation over time in European starlings (Sturnus vulgaris) fed two levels of iron". Journal of Zoo and Wildlife Medicine 31 (4): 491–496. ISSN 1042-7260. JSTOR 20096036. PMID 11428395. doi:10.1638/1042-7260(2000)031[0491:HIAOTI]2.0.CO;2. 
  89. Seibels, Bob; Lamberski, Nadine; Gregory, Christopher R; Slifka, Kerri; Hagerman, Ann E. (2003). "Effective use of tea to limit dietary iron available to starlings (Sturnus vulgaris)". Journal of Zoo and Wildlife Medicine 34 (3): 314–316. JSTOR 20460340. PMID 14582799. doi:10.1638/02-088. 
  90. 90,0 90,1 Butchart, S; Ekstrom, J (2013). "Common starling Sturnus vulgaris". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2013-01-12. 
  91. Ghorpade, Kumar D (1973). "Occurrence of the Starling, Sturnus vulgaris Linnaeus near Bangalore". Journal of the Bombay Natural History Society 70 (3): 556–557. 
  92. Strickland, M J; Jenner, J C (1977). "A report on the birds of Addu Atoll (Maldive Islands)". Journal of the Bombay Natural History Society 74: 487–500. 
  93. "Migration of starling Sturnus vulgaris". Merseyside Ringing Group. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2013-01-12. 
  94. Sibley (2000) p. 416.
  95. 95,0 95,1 Long (1981) pp. 359–363.
  96. 96,0 96,1 Peris, S; Soave, G; Camperi, A; Darrieu, C; Aramburu, R (2005). "Range expansion of the European starling Sturnus vulgaris in Argentina". Ardeola 52 (2): 359–364. 
  97. 97,0 97,1 Woolnough, Andrew P; Massam, Marion C; Payne, Ron L; Pickles, Greg S "Out on the border: keeping starlings out of Western Australia" in Parkes et al. (2005) pp. 183–189.
  98. Department of the Environment and Water Resources (2007) p. 17.
  99. Olliver, Narena (2005). "Starling". Birds of New Zealand. Consultado o 2012-12-29. 
  100. Robertson & Heather (2005) p. 162
  101. 101,0 101,1 101,2 101,3 101,4 101,5 101,6 Link, Russell. "Starlings". Living with Wildlife. Washington Department of Fish and Wildlife. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2012. Consultado o 2013-01-02. 
  102. Gup, Ted (1990-09-01). "100 Years of the Starling". The New York Times (New York). 
  103. Mirsky, Steve (2008-05-23). "Shakespeare to Blame for Introduction of European Starlings to U.S.". Scientific American. 
  104. Strycker, Noah (2014). The Thing with Feathers. Penguin Group. p. 42. ISBN 978-1-59448-635-7. 
  105. Edward Tenner, Why Things Bite Back, pp. 152-155, (New York: Vintage Books, 1997)
  106. Watling, D (1982). "Fiji's sedentary starlings" (PDF). Notornis 29: 227–230. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de xullo de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  107. Watling (2003) pp. 142–143
  108. Craig, Adrian. "European starling Sturnus vulgaris" (PDF). The Atlas of South African Birds. Consultado o 2012-01-04. 
  109. "Starlings v Grasshoppers". The Cornubian and Redruth Times. 15 de febreiro de 1901. p. 3. 
  110. Lever (2010) p. 197.
  111. Raffaele et al (2003) p. 126.
  112. Arlott (2010) p. 124.
  113. Ferrer, Xavier; Motis, Anna; Peris, Salvador J (1991). "Changes in the breeding range of starlings in the Iberian peninsula during the last 30 years: competition as a limiting factor". Journal of Biogeography 18 (6): 631–636. JSTOR 2845544. doi:10.2307/2845544. 
  114. Baillie, S R; Marchant, J H; Leech, D I; Renwick, A R; Eglington, S M; Joys, A C; Noble, D G; Barimore, C; Conway, G J; Downie, I S; Risely, K; Robinson, R A (2012). "Starling (Sturnus vulgaris)". Bird Trends 2011. British Trust for Ornithology. Consultado o 2013-01-03. 
  115. Granbom, Martin; Smith, Henrik G (2006). "Food limitation during breeding in a heterogeneous landscape (Escasez de alimentos durante el período reproductivo en un paisaje heterogéneo)". The Auk 123 (1): 97–107. JSTOR 4090631. doi:10.1642/0004-8038(2006)123[0097:FLDBIA]2.0.CO;2. 
  116. 116,0 116,1 116,2 "European starlings". Wildlife Damage Management. USDA Wildlife Services. 2011-09-27. Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2013. Consultado o 2012-12-29. 
  117. Federation of Alberta Naturalists (2007) p. 374.
  118. Pell, A S; Tidemann, C R (1997). "The impact of two exotic hollow-nesting birds on two native parrots in savannah and woodland in eastern Australia" (PDF). Biological Conservation 79 (2/3): 145–153. doi:10.1016/S0006-3207(96)00112-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de febreiro de 2015. Consultado o 28 de setembro de 2019. 
  119. "100 of the World's Worst Invasive Alien Species". Global Invasive Species Database. Invasive Species Specialist Group, IUCN. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 2013-04-25. 
  120. 120,0 120,1 Feare, Chris J; Douville de Franssu, Pierre; Peris, Salvador J (1992). The starling in Europe: multiple approaches to a problem. Proceedings of the Fifteenth Vertebrate Pest Conference (Davis: University of California, Davis). pp. 83–88. 
  121. "Starlings: a threat to Australia's unique ecosystems" (PDF). Threatened Species Network. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2016. Consultado o 2013-01-10. 
  122. Kalafatas, Michael N. (2010). Bird Strike: The Crash of the Boston Electra. Brandeis. ISBN 1-58465-897-5. 
  123. La Voz de Galicia. 26-03-2018.El número de estorninos en Lugo pasó en seis meses de 15.000 a 400
  124. La Voz de Galicia. 30-01-2019. Los estorninos «toman» el parque de Frigsa y provocan quejas vecinales
  125. RSPB - Starlings - Legal Status
  126. 126,0 126,1 126,2 Cocker & Mabey (2005) pp. 429–436.
  127. Woolnough, Andrew P; Lowe, T J; Rose, K (2006). "Can the Judas technique be applied to pest birds?". Wildlife Research 33 (6): 449–455. doi:10.1071/WR06009. 
  128. Rollins, L A; Woolnough, Andrew P; Sherwin, W B (2006). "Population genetic tools for pest management: a review". Wildlife Research 33 (4): 251–261. doi:10.1071/WR05106. 
  129. Redman, Terry. "State Government commits to help eradicate starlings". Media releases, 2009–10–19. State of Western Australia. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 2013-01-07. 
  130. "Birds protected by the Migratory Bird Treaty Act". US Fish & Wildlife Service. Arquivado dende o orixinal o 2007-12-14. Consultado o 2007-12-17. 
  131. Decino, Thomas J; Cunningham, Donald J; Schafer, Edward W (1966). "Toxicity of DRC-1339 to starlings". Journal of Wildlife Management 30 (2): 249–253. JSTOR 3797809. doi:10.2307/3797809. 
  132. Stark, Mike (2009-09-07). "Shock and Caw: Pesky Starlings Still Overwhelm". NBC News. Consultado o 19 de marzo de 2019. 
  133. Johnson, Ron J; Glahn, James F. "European Starlings and their Control". Internet Center for Wildlife Damage Management. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2012. Consultado o 2013-01-09. 
  134. 134,0 134,1 Lorenz (1961) p. 59.
  135. Kilham & Waltermire (1988) p. 59.
  136. Jones & Jones (1970) p. 30.
  137. "O rei prohibiume falar de Mortimer, mais eu vou encontralo onde durma e berrarlle no oído: "Mortimer!". É máis, hei facer que ensinen a falar a un estorniño que non diga máis que "Mortimer", e hei regalarllo para manter viva a súa rabia". (Orixinal: "The king forbade my tongue to speak of Mortimer. But I will find him when he is asleep, and in his ear I'll holler 'Mortimer!' Nay I'll have a starling shall be taught to speak nothing but Mortimer, and give it to him to keep his anger still in motion.")
  138. Lorenz (1961) p. 84.
  139. Artusi (2003) p. 220.
  140. Michalowski (2011) p. 61.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar