Estipe (micoloxía)

En micoloxía un estipe ou refírese á estrutura que soporta o sombreiro dun cogomelo.

Diagrama dun estipe dun basidiomicete con anel e volva.

Como todos os tecidos fúnxicos, tales como o himenio, o estipe componse de tecido estéril hifa. Porén, moitas veces o himenio fértil pode estenderse por debaixo do estipe até certa altura.

Os fungos que posúen estipes cualifícanse de estipitados.

O beneficio evolutivo de contar cun estipe é o de ser un medio excelente de dispersión de esporas. Un cogomelo elevado liberará máis facilmente as súas esporas ás correntes de vento, ou ante o paso de animais.

Moitas especies de cogomelos non teñen estipes, como as Pezizaceae, os Gasteromiceta, as Geastraceae, algúns Polyporaceae, Heterobasidiomycetes, Claviceps e Ustilaginomycetes.

Frecuentemente os trazos ou particularidades do estipe precísanse para facer unha identificación positiva dun cogomelo. Tales características distinguíbeis inclúen:

  1. Textura do estipe (fibrosa, tizosa, crebadiza, correosa, firme etc.).
  2. Se permanece un veo parcial, como serían un anel ou veo universal (volva).
  3. Se o estipe de moitos cogomelos se fusionan na súa base.
  4. O tamaño e a forma xeral.
  5. Se se estende baixo terra nunha estrutura parecida a unha raíz (un rizoma).

Cando se apañan cogomelos para comer, débense poder identificar fidedignamente logo na casa, polo que é fundamental manter todos estes caracteres intactos, debendo o colleiteiro ser moi coidadoso na extracción do cogomelo do solo, nunca cortándoo a rentes do terreo (co que se asegura, por outra parte, a posterior reprodución do fungo).

Véxase tamén editar