Estefanía de Mónaco

Filla máis nova dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco

Stéphanie Marie Élisabeth Grimaldi, nada en Mónaco o 1 de febreiro de 1965, é a filla máis nova dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco. Traballou temporalmente como cantante, deseñadora de traxes de baño, modelo e artista.

Infotaula de personaEstefanía de Mónaco

(2013) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1965 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Palácio do Príncipe de Mônaco, Mónaco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMonaco-Ville Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeMónaco Editar o valor em Wikidata
EducaciónCours Hattemer (en) Traducir
Sisters of the Infant Jesus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e modelling (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncantante , modelo , filántropa , política , deseñadora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz e piano Editar o valor em Wikidata
DeporteXimnasia
hípica Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastía Grimaldi Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAdans Lopez Peres (pt) Traducir (2003–2004), divorcio
Daniel Ducruet (pt) Traducir (1995–1996), divorcio Editar o valor em Wikidata
ParellaJean Raymond Gottlieb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosLouis Ducruet (pt) Traducir
 () Daniel Ducruet (pt) Traducir
Paulina Ducruet (pt) Traducir
 () Daniel Ducruet (pt) Traducir
Camille Gottlieb (pt) Traducir
 () Jean Raymond Gottlieb (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisRainerio III de Mónaco Editar o valor em Wikidata  e Grace Kelly Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlberte II de Mónaco e Carolina de Mónaco Editar o valor em Wikidata
ParentesFrank Sinatra (padrinho (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

Páxina webtinyurl.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0697744 Facebook: 255801874530731 Spotify: 16q1X9q6DxoNdqPQlYwxgM iTunes: 293733746 Last fm: Stephanie Musicbrainz: a7ef5c8f-4521-4744-ad78-46ac7ceae75d Songkick: 150432 Discogs: 284858 WikiTree: Grimaldi-23 Genius: Stephanie-de-monaco Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Estefanía naceu en 1965 no Palacio do Príncipe de Mónaco, terceira e último filla do príncipe Rainiero III de Mónaco e de Grace Kelly. A súa madriña de bautismo foi a súa curmá Elizabeth Ann de Massy, filla da princesa Antonieta, mentres que o seu tío materno, John Brendan Kelly, Jr. foi o seu padriño.[1] Estefanía recibiu o seu nome en honor á súa antepasada Estefanía de Beauharnais.

Estudou no Dames de Saint-Maur de Mónaco e despois na Dupanloud de París. Rematou o bacharelato en 1982.[2] Durante os seus anos de escola estudou danza clásica e piano, tamén competiu en ximnasia e equitación. Fala fluidamente monegasco, francés, inglés e italiano.

O 13 de setembro de 1982, cando regresaban a Mónaco da súa casa de campo de Rocagel (Francia), ela e a súa nai sufriron un accidente de tráfico. Grace faleceu o día seguinte, mentres que Estefanía sufriu unha ruptura dunha vértebra do pescozo. Aínda que a versión oficial foi que Grace tivo un derramo cerebral mentres conducía, houbo rumores de que era Estefanía, que non asistiu ao funeral da súa nai por estar convalecente, quen conducía o vehículo. Estefanía negouse a falar da morte da súa nai ata 1989, cando deu unha entrevista en que dixo: "Hai moita presión sobre min, porque todo o mundo di que eu conducía o coche, que é a miña culpa, que matei a miña nai... Non é doado cando tes que vivir iso con dezasete anos".[3] A princesa non volveu falar do asunto ata 2002, cando concedeu unha entrevista á revista francesa Paris Match en que dixo: "Non só tiven que pasar polo horrible trauma de perder a miña nai a unha idade temperá, senón estar ao seu lado no momento do accidente. Ninguén pode imaxinar o moito que sufrín e que sigo sufrindo".[4][5]

Moda editar

O seu carácter díscolo e difícil, a súa axitada vida sentimental e a súa rechamante imaxe afastárona do prototipo de princesa europea e provocaron o alcume de «a princesa rebelde». Díxose repetidamente que Estefanía non asumía o seu papel dentro da familia principesca, sometido ao protocolo e obrigas sociais, e preferiu dedicarse ao mundo do espectáculo e do deseño.

En 1983, despois de recuperarse do accidente, comezou un curso de aprendizaxe en Christian Dior, baixo a dirección do xefe de deseño Marc Bohan.[6] O ano seguinte debutou como modelo nunha reportaxe de roupa de alta costura para a revista española ¡Hola!. En 1985 apareceu na revista alemá Vogue e na norteamericana Vanity Fair.[7] Tamén foi imaxe da liña de beleza suíza La Prairie.

En 1986 lanzou a súa primeira liña de traxes de baño con Alix de la Comble, a quen coñecera durante a súa estadía en prácticas en Dior. O desfile de moda para presentar a liña, que se celebrou no Club Sporting de Mónaco e ao que asistiron o príncipe Rainiero III, o príncipe Alberte e a princesa Carolina, foi un acontecemento importante cuberto polos medios de comunicación de todo o mundo.[8] En 1989, Estefanía lanzou o seu propio perfume homónimo.[9]

Carreira musical editar

 
Estefanía de Mónaco en 1986

En febreiro de 1986, Estefanía autoproduciu e publicou o seu primeiro sinxelo coa discográfica francesa Carrere, baixo a produción de Yves Roze. A canción "Ouragan" e a súa versión en Inglés "Irresistible" foron éxitos internacionais, vendendo máis de 2 millóns de copias. "Ouragan" é un dos sinxelos máis vendidos en Francia en toda a historia.[10] O álbum completo Besoin, lanzado como Stéphanie nalgúns países, vendeu máis de 1,5 millón de exemplares, con 100 000 só en Francia.[11]

En xaneiro de 1987, Estefanía lanzou o sinxelo "Young Ones Everywhere" en beneficio de UNICEF. O mesmo ano, trasladouse aos Ánxeles para gravar un novo álbum. O álbum Stéphanie, publicado en 1991, tivo unhas vendas decepcionantes e críticas negativas,[12] a pesar da xira promocional que incluíu unha actuación no programa de Oprah Winfrey.[13] Estefanía rematou así a súa carreira musical despois de gravar "In the Closet" con Michael Jackson para o seu álbum Dangerous. A canción converteuse nun éxito en todo o mundo e entrou no top ten nos Estados Unidos; porén, Estefanía foi acreditada como "Mystery Girl" e a súa participación na canción non se revelou ata uns anos máis tarde.

Fixo unha breve volta á canción en 2006, cando gravou "L'Or de nos vies", un sinxelo benéfico, xunto coa súa fundación para combater a sida.[14]

Vida persoal editar

 
Monograma real

Stéphanie saíu con Paul Belmondo,[15] Anthony Delon,[16] Rob Lowe, Mario Oliver Jutard e Jean-Yves Le Fur antes de comezar unha relación co seu escolta Daniel Ducruet en 1992.[17]

A parella tivo dous fillos, Louis e Pauline Ducruet, nados en 1992 e 1994 respectivamente no Hospital Princesa Grace en Mónaco. Os nenos foron incluídos na liña de sucesión ao trono monegasco cando Estefanía casou con Ducruet o 1 de xullo de 1995 no concello de Mónaco.[18] A parella divorciouse o 4 de outubro de 1996.[19][20]

Estefanía deu a luz a súa terceira filla, Camille Gottlieb, o 15 de xullo de 1998 no Hospital Princesa Grace.[21] Aínda que no certificado de nacemento nos se incluíu o nome do pai, sospeitouse dende o principio que era o seu xefe de seguridade Jean Raymond Gottlieb[22] e de feito, a propia Camille recoñeceu a Gottlieb como o seu pai.[23] Como os seus pais nunca casaron, Camille non está incluída na liña de sucesión ao trono.

 
Estefanía e o seu irmán Alberte en agosto de 2013

En 2001, Estefanía comezou unha relación cun adestrador de elefantes casado, Franco Knie, e mudouse cos seus tres fillos á súa caravana de circo. Porén, a relación rematou en 2002, e a familia volveu a Mónaco.[24] O 12 de setembro de 2003, Stéphanie casou co acróbata portugués Adans Lopez Peres, membro do elenco do circo Knie.[25] O matrimonio acabou en divorcio o 24 de novembro de 2004.[26]

Estefanía é a madriña de Andrea Casiraghi, fillo máis vello da súa irmá Carolina.[27]

Notas editar

  1. "H.S.H. Princess Stéphanie". Prince's Palace of Monaco. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  2. Englund, Steven (1984). Grace of Monaco: An Interpretive Biography. USA: Doubleday. ISBN 0385188129. Consultado o 31 de xaneiro de 2019. 
  3. "Princess Grace's Fatal Crash: Her Daughter's Account". Chicago Tribune. 23 de outubro de 1989. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  4. "Princess Stephanie breaks her silence on the accident that killed her mother". Hello. 11 de outubro de 2002. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  5. "Stephanie: 'I was not at wheel when Grace was killed'". Guardian. 11 de outubro de 2002. Consultado o 8 de agosto de 2014. 
  6. Diliberto, Gioia (19 de novembro de 1984). "High Intrigue and Haute Couture: the Tainted Troubled Times of Monaco's Princess Stephanie". People. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  7. "Princess Stephanie: Her Model's Portfolio". People. 15 de abril de 1985. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  8. "Thanks to a Curious 'Family Friend,' Princess Stephanie's in the Swim—and Daddy's in Deep Water". People. 30 de setembro de 1985. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  9. "Latest news and profile of Princess Stephanie of Monaco". Hello. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  10. "Les meilleures ventes tout temps de 45 T. / Singles". Infodisc.fr (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  11. "Les Certifications depuis 1973, database" (en francés). Infodisc. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  12. Hiltbrand, David (9 de setembro de 1991). "Picks and Pans Review: Stephanie". People. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  13. "Monaco's Princess Stephanie". The Oprah Winfrey Show. 28 de abril de 2011. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  14. "UNAIDS Special Representative HSH Princess Stephanie of Monaco leads creative AIDS fundraising activities". Joint United Nations Programme on HIV/AIDS. 7 de decembro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 7 de febreiro de 2012. 
  15. Diliberto, Gioia (7 de febreiro de 1983). "After Tragedy, a Healing Love". People. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  16. "Stephanie Wards Off the Autumn Chill with a Batch of Beaus". People. 12 de novembro de 1984. Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  17. Green, Michelle (15 de xuño de 1992). "A Princess Reborn". People. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  18. Barron, James (3 de xullo de 1995). "Chronicle". The New York Times. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  19. "The Princess Who Married Her Bodyguard and Joined the Circus: Stéphanie of Monaco's 5 Most Memorable Moments". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 2019-04-23. 
  20. https://web.archive.org/web/20170401000303/http://people.com/archive/his-cheatin-heart-vol-46-no-12/
  21. "Princess Stephanie's pretty daughter Pauline takes centre stage at circus fest". Hello. 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  22. "Mum's the Word". People. 13 de abril de 1998. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  23. Instagram
  24. "The Princess Who Married Her Bodyguard and Joined the Circus: Stéphanie of Monaco's 5 Most Memorable Moments". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 2019-04-23. 
  25. "Prinses Stéphanie van Monaco opnieuw getrouwd". Gazet van Antwerpen (en neerlandés). 16 de setembro de 2003. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  26. "The turbulent love life and marriages of Albert's sisters". Hello. 14 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2013. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 
  27. Diliberto, Gioia (25 de xuño de 1984). "A New Beginning for Monaco's Princess". People. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 6 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar