Esteban Andrés Suárez

futbolista español

Esteban Andrés Suárez, nado en Avilés o 27 de xuño de 1975, é un futbolista asturiano, que xoga na demarcación de gardameta.

Esteban
Información persoal
Nome Esteban Andrés Suárez
Nacemento 27 de xuño de 1975 (48 anos)
Lugar de nacemento Avilés
Altura 1,77 m[1]
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
Navarro Club de Fútbol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1993-1995 Real Avilés CF 42
1995-1997 Real Oviedo B 37
1997–2002 Real Oviedo 184
2002–2003 Atlético de Madrid 26
2003–2005 Sevilla FC 75
2005–2008 Celta de Vigo 50
2008–2014 UD Almería 124
Selección nacional
1998 España sub-21 1
2000 España 0
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse no equipo da súa localidade natal, o Real Avilés Industrial CF, tras un breve paso polo Navarro Club de Fútbol. Tras dúas campañas no club en Segunda División B fichou polo Real Oviedo en 1995, porén durante dous anos xogou no equipo filial antes de debutar co primeiro equipo o 19 de outubro de 1997 substituíndo ao expulsado Juan Luís Mora. A partir de entón foi titular indiscutíbel nas seguintes catro tempadas, perdéndose so doce encontros nos seus cinco anos en Oviedo.

Tras un ano no equipo ovetense en segunda división foi cedido a comezos da tempada 2002/03 ao Atlético de Madrid, porén pese a desprazar da titularidade a Germán Burgos o equipo madrileño non exerceu a opción de compra a final de tempada. Así quedou libre de contrato no verán de 2003 e comprometeuse co Sevilla FC.

En Sevilla foi o porteiro titular durante dúas tempadas, clasificándose o equipo os dous anos para disputar a Copa da UEFA. De cara á tempada 2005/06 o Sevilla ficha ao porteiro Andrés Palop que fixo que Esteban saíse do equipo e fichase polo Celta de Vigo.

No Celta tamén acadou a clasificación para a Copa da UEFA na súa primeira tempada, porén non contou con apenas oportunidades a causa do bo momento do porteiro titular, José Manuel Pinto, que gañou o Trofeo Zamora esa tempada. Ao ano seguinte seguiu sen xogar en Liga pero foi o gardameta titular na competición europea, onde o equipo acadou oitavos de final. Pese a este logro o ano rematou co descenso do equipo a Segunda División.

Na división de prata Esteban acadou a titularidade tralo traspaso de Pinto ao FC Barcelona. A final de tempada deixa o equipo e ficha polo UD Almería.[2] No equipo andaluz tamén xoga un papel secundario ao ser o suplente de Diego Alves, militou no equipo ata 2014 sendo titular os últimos anos, no ascenso a Primeira División e un ano na máxima categoría.

Antes de rematar a tempada 2013/14 anunciou que o ano seguinte xogaría no Real Oviedo de Segunda División B[3].

Notas editar

  1. https://www.worldfootball.net/player_summary/esteban/
  2. "Esteban, al almería". Eurosport (en castelán). 2008-07-04. Consultado o 2022-09-03. 
  3. "Me quiero despedir dejando al Almería en primera división" Arquivado 14 de maio de 2014 en Wayback Machine., entrevista na web da UD Almería, 13 de maio de 2014 (en castelán).