Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932

primeiro estatuto de autonomía para Cataluña

O Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932, tamén coñecido como Estatuto de Núria, foi o primeiro estatuto de autonomía redactado en Cataluña e o primeiro en ser aprobado en España. De carácter soberanista, o estatuto foi impulsado polo entón presidente da Generalitat, Francesc Macià, e aprobado en referendo polo 99% dos votantes. O anteproxecto do Estatuto rematouse o 20 de xuño en Núria (Ripollès), e foi aprobado polo Congreso dos Deputados o 9 de setembro de 1932.

Portada do Estatuto de Núria.

Contexto histórico editar

As eleccións municipais do 12 de abril de 1931 supuxeron un bo resultado para os partidos da esquerda e a implantación da Segunda República en España. En Cataluña, o recentemente formado Esquerra Republicana, obtivo unha vitoria abafadora. Este feito levou ao seu líder Francesc Macià, a proclamar a República Catalá dentro da Federación de Repúblicas Ibéricas e a formación dun goberno presidido por el mesmo.

Transcorridos 3 días de goberno, Macià recibe a visita dos ministros Fernando de los Ríos , Marcelino Domingo e Lluís Nicolau d' Olwer. Tras unha longa negociación, Macià aceptou a reconversión do "Goberno de Cataluña" no "Goberno da Generalitat de Cataluña" e a tramitación dun estatuto de autonomía para a rexión.

O estatuto editar

 
Manifestación contra o Estatuto.

Un dos principais puntos do Estatuto de Cataluña de 1932 é que neste defínese Cataluña como un Estado dentro da República española, esta pretensión non foi ben aceptada polo resto do país, polo que a cláusula quedou modificada, definíndose Cataluña como unha rexión autónoma dentro do Estado español. En adición, tamén ofrecía a posibilidade dunha futura autodeterminación para o pobo catalán.

En parte, o estatuto daba á Generalitat unha ampla lista de atribucións ata entón impensables, como foron o control da educación e a sanidade, e a creación dun Tribunal de Xustiza catalán. Os trámites parlamentarios mas Cortes reducen o proxecto inicial, *tildándoo de ambicioso e excesivamente pretensioso.

Trámites editar

Tras o intento de golpe de Estado por parte do xeneral Sanxurxo, as Cortes aprobaron o estatuto catalán e ofrecen a súa rectificación por referendo.

O referendo estatutario tivo lugar en Cataluña o 2 de agosto de 1931. Nel participou o 75% do censo electoral e obtivo un 99% de votos a favor. Ademais, foi recoñecido por máis de 400.000 sinaturas de mulleres catalás (sen dereito a votar). Deste xeito, o primeiro estatuto de autonomía concedido a unha rexión española aprobouse por unha ampla maioría popular.

Finalmente o 9 de setembro o Congreso dos Deputados ratificou o estatuto.

Aplicación editar

O estatuto de Núria tivo unha vida relativamente curta; estivo vixente desde a súa aprobación ata que, despois da vitoria da CEDA nas eleccións xerais de 1933, a Generalitat se alzou contra o goberno de coalición dereitista dos radicais e a CEDA, proclamando o seu presidente Lluís Companys o estado de Cataluña dentro da República Federal de España, a derrota do alzamento trouxo como consecuencia a suspensión do Estatuto, que non volvería a entrar en vigor ata 1936, tras a vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro.

Durante os anos da guerra civil, España viviu un período de gran turbulencia. A entrada das tropas franquistas en Barcelona en xaneiro de 1939, supuxo a abolición inmediata do réxime autonómico e do Estatuto.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar