Estaminodio

estame atrofiado

En botánica, un estaminodio é un estame rudimentario, estéril ou abortado, que perdeu a súa función.[1] Isto significa que non produce pole.

A frecha vermella sinala o estaminodio veludo nunha flor de Penstemon grinnellii.

Etimoloxía editar

O termo estaminodio é a adaptación do latín científico staminodium, derivada de stamen, -ini, "estame", coa adición do sufixo -odium, tirado do grego antigo -ωδης -ōdēs, "semellante" (e que deriva do adverbio ὦδε ṓde, "desta maneira".[1][2]

Características editar

Os estaminodios están frecuentemente disimulados, case ocultos, e parecen estames. Normalmente están situados no verticilo interior da flor.

Ás veces, os estaminodios non están atrofiados completamente, e poden daquela estaren modificados para realizaren novas funcións, como a produción de néctar, ou a atracción óptica ao adquiriren un aspecto petaloide.[3]

Os estaminodios poden ser unha característica decisiva para diferenciar entre especies, especialmente no xénero Paphiopedilum das orquidiáceas.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Font Quer, P. 1993, p. 422.
  2. staminodium no Merriam-Webster Dictionary.
  3. Strassburger, E. 1994, p. 770.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar