Estados Xerais de 1789

Os Estados Xerais de 1789 foron os Estados Xerais convocados o 5 de maio de 1789 polo rei Lois XVI de Francia. Foi a primeira reunión desde 1614.

Inauguración dos Estados Xerais de Francia de 1789, na sala dos Menus-Plaisirs, en Versalles.
Lois XVI de Francia.

Tratouse dunha asemblea xeral extraordinaria á que foron chamados representantes (deputados) de todos os segmentos da sociedade francesa (salvo os máis pobres) repartidos no tres estamentos tradicionais no Antigo Réxime:

A independencia que demostraron os deputados do Terceiro Estado con respecto aos dous primeiros e á Coroa marcou o inicio da Revolución francesa.

Antecedentes editar

Entre as causas directas da Revolución francesa encóntrase a gran crise financeira causada pola enorme débeda de Francia, a falta de alimentos coa conseguinte subida imparábel dos prezos, o gasto suntuoso do Goberno, e un sistema impositivo arcaico que recaía exclusivamente sobre os membros do Terceiro Estado debido ás exencións que tiñan o clero e a nobreza; esta carga impositiva, na práctica, limitábase á burguesía. Os sucesivos intentos de reformar este sistema encontráronse coa resistencia dos Primeiro e Segundo Estados.

Abertura dos Estados Xerais editar

A asemblea ten lugar nunha sala acondicionada para a ocasión no palacete dos Menus-Plaisirs (Praceres Miúdos), que servía de almacén para decorados de teatro, instrumentos de música e accesorios de deportes da Corte de Versalles.

Estaban presentes 1.139 deputados:

A sesión inaugural, o 5 de maio de 1789, foi presidida polo rei Lois XVI. O clero sentaba á dereita do trono, a nobreza á súa esquerda e o Terceiro Estado en fronte. Os oradores foron o rei, o garde des sceaux Barentin (segundo oficial do goberno) e o ministro de Facenda, Jacques Necker.

O rei abriu a sesión cun discurso conciso e ben acollido polos deputados. O ministro Necker pronunciou un discurso de dúas horas e media durante o cal o rei queda durmido. Con este discurso, os deputados danse de conta de que a situación financeira do reino é aínda máis desastrosa do que se pensaba, e de que o Goberno está desorientado. Queda entón patente o motivo da convocatoria dos Estados Xerais: o grave déficit orzamentario.

Pero o ministro non menciona o problema que máis preocupa aos deputados: a votación por estamento ou por cabeza, que condiciona a aprobación de calquera reforma.

Desenvolvemento da asemblea editar

Nin o clero nin a nobreza formaban bloques homoxéneos; comportaban ambos os estratos individuos con ingresos modestos, cuxos intereses e forma de vida se aproximaban aos do Terceiro Estado. A nobreza contaba cun bo número de pequenos nobres campesiños (chamados hobereaux), que pouco compartían coa gran nobreza próxima á Corte. E entre o clero, os simples curas (bas-clergé oi baixo clero) sentíanse máis próximos ás reivindicacións dos seus fregueses que ás dos seus superiores eclesiásticos.

A nobreza e o clero reclamaban o voto por estamento, que lles aseguraba a maioría sen necesidade de lograr un consenso. O Terceiro Estado pedía o voto por cabeza, que permitía máis igualdade na votación, e debates abertos. Ante a negativa dos dous primeiros estados e o consecuente bloqueo de toda votación, o Terceiro Estado, aconsellado polo sacerdote Sieyès (deputado do Terceiro Estado), invitou os deputados da nobreza e do clero a que se unisen a eles. Dous nobres e 149 membros do clero, ségueno.

 
Os deputados do Terceiro Estado piden que se lles deixe entrar na sala dos Menus-Plaisirs.

Prodúcese polo tanto unha revolución de carácter xurídico: desmantélanse os estamentos tradicionais do reino, aos que substitúe unha asemblea única en representación de todo o pobo. A proposta de Sieyès, toma o nome, o 17 de xuño de 1789, de Asemblea Nacional.

Ante este acto revolucionario, o rei Lois XVI manda pechar a sala e prohibe a entrada aos representantes do Terceiro Estado, en contra da opinión do seu ministro Necker.

 
O Xuramento do Xogo de Pelota, por David, (1791).

A Asemblea Nacional encontra, grazas ao doutor Guillotin, deputado do Terceiro Estado, outro lugar de reunión, a Sala do Xogo de Pelota de Versalles. O 20 de xuño de 1789, os deputados xuran non separarse antes de dar unha Constitución ao país, o que se coñece como Xuramento do Xogo de Pelota.

O 23, o rei ordena a súa disolución, e manda levar a orde ao decano do Terceiro Estado, Jean Sylvain Bailly, primeiro presidente da Asemblea. O deputado Honoré Gabriel Riqueti, máis coñecido como o conde de Mirabeau, pronunciara daquela a célebre frase "Estamos aquí pola vontade do pobo e só sairemos pola forza das baionetas".

O 27 de xuño, o rei cede e invita a nobreza e o clero a que se unan á nova Asemblea.

O 9 de xullo de 1789, a Asemblea adopta o nome de Asemblea Nacional Constituínte.

Esta revolución xurídica e pacífica acababa de poñer fin a séculos de absolutismo monárquico, substituíndoo por unha Monarquía parlamentaria.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Jean Sylvain Bailly, Mémoires d'un témoin de la Révolution, ou journal des faits qui se sont passés sous ses yeux, et qui ont préparé et fixé la constitution française, Levrault-Schoell et Cie, París, an XII-1804
  • Jacques-Antoine Creuzé-Latouche, Journal des états généraux et du début de l'Assemblée nationale, Didier, París, 1946
  • Adrien Duquesnoy, Journal sur l'Assemblée constituante, Alphonse Picard & fils, París, 1894
  • Pierre Goubert e Michel Denis, 1789 : les Français ont la parole. Cahiers de doléances des états généraux , Gallimard, colección « Archives », 1973
  • Georges Lefebvre e Anne Terroine, Recueil de documents relatifs aux séances des Etats généraux, I, edición del CNRS, París, 1953.

Outros artigos editar