Coordenadas: 46°57′46″N 7°27′54″L / 46.962778, 7.465

O estadio Wankdorf (en alemán: Wankdorfstadion) foi un estadio de fútbol que estaba situado no barrio de Wankdorf, en Berna, Suíza. Xogaba nel como local o BSC Young Boys. Foi construído en 1925 e acolleu importantes partidos internacionais, como as finais do Mundial de 1954, da Copa de Europa 1960-61 e da Recopa de Europa 1988/89.

Estadio Wankdorf
O estadio durante a súa demolición en 2001.
Datos
LocalizaciónBerna
Construción
Inauguración18 de outubro de 1925
Demolición3 de agosto de 2001
Estadio
Superficieherba
Capacidade22 000-64 000 espectadores
LocalíaBSC Young Boys (1925-2001)
Eventos
Mundial de 1954

O estadio foi demolido en 2001, e substituído en 2005 polo Stade de Suisse (hoxe chamado Stadion Wankdorf), situado no mesmo lugar.

Historia editar

O estadio Wankdorf orixinal foi inaugurado en 1925 despois dun período de sete meses de obras. Tiña unha capacidade de 22.000 espectadores e o primeiro partido internacional que albergou celebrouse o 8 de novembro de 1925. 18.000 espectadores presenciaron aquel día a vitoria por 2-0 da selección suíza sobre Austria.

 
Vista do estadio durante a súa demolición en 2001.

De 1933 a 1939, o estadio foi gradualmente ampliado, engadíndoselle un campo de adestramento adicional e, finalmente, construíndose novas bancadas para aumentar a capacidade ata os 42.000 espectadores. Para a Copa do Mundo de 1954, o estadio foi demolido e pouco antes de comezar o torneo inaugurouse un novo con capacidade para 64.000 espectadores. O 4 de xullo de 1954 disputouse nel a histórica final coñecida como a "Milagre de Berna", a inesperada vitoria por 3-2 da selección alemá sobre o equipo húngaro, converténdose o estadio nunha icona da historia do fútbol.[1][2]

Albergou dúas grandes finais máis. A primeira delas foi a final da edición 1960/61 da Copa de Europa entre o Benfica e o FC Barcelona, na que saíu vitorioso o equipo portugués por 3-2. En 1989, o estadio foi a sede da final da Recopa de Europa, na que o Barcelona derrotou por 2-0 á Sampdoria.

O último partido no estadio xogouse o 7 de xullo de 2001. Nel, o Young Boys empatou 1–1 contra o FC Lugano.

A continuación o estadio foi demolido e no verán de 2005 inaugurouse no seu lugar o novo Stade de Suisse.

Mundial de Fútbol de 1954 editar

O estadio Wankdorf acolleu cinco partidos do Mundial de Fútbol de 1954, incluída a final.

Data Hora (UTC+1) Equipo 1 Res. Equipo 2 Redondo Asistencia
16 de xuño de 1954 18:00   Uruguai 2–0   Checoslovaquia Grupo 3 20.500
17 de xuño de 1954 18:00   Alemaña Occidental 4–1   Turquía Grupo 2 28.000
20 de xuño de 1954 17:10   Inglaterra 2–0    Suíza Grupo 4 43.119
27 de xuño de 1954 17:00   Hungría 4–2   Brasil Cuartos de final 40.000
4 de xullo de 1954 17:00   Alemaña Occidental 3–2   Hungría Final 62.500

Notas editar

  1. "Alemania conquista el Campeonato Mundial de Fútbol". El Correo Gallego (en castelán) (25119). 6 de xullo de 1954. p. 5. Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  2. "Alemania histórica: La Mannschaft y el Milagro de Berna" (en castelán). Consultado o 10 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar