Estadio Rei Balduíno

estadio en Bruxelas

Coordenadas: 50°53′45″N 4°20′03″L / 50.895705555556, 4.3340833333333

O estadio Rei Balduíno (en francés: Stade Roi Bauduin ; en neerlandés: Koning Boudewijnstadion) é un estadio multiúsos situado no distrito de Heysel en Bruxelas, a capital de Bélxica e da Unión Europea. É a sede habitual da selección belga e do evento anual de atletismo Memorial Van Damme.[1]

Estadio Rei Balduíno
O estadio en 2013.
Datos
LocalizaciónBruxelas
Construción
Inauguración23 de agosto de 1930
Estadio
Superficieherba
Dimensións106 m × 66 m
Capacidade20 093 espectadores
LocalíaBélxica (fútbol)
Union SG (2016–2018)
Bélxica (rugby)
Royal Excelsior Sports Club de Bruxelles (atletismo)
Eventos
Eurocopa de 2000

Historia editar

Foi inaugurado co nome de Estadio de Heysel (en francés: Stade du Heysel; en nerrlandés: Heizelstadion) o 23 de agosto de 1930 con motivo do Campionato Mundial de Ciclismo en Pista e as celebracións do centenario da Independencia de Bélxica. O partido inaugural xogárono as seleccións belga e neerlandesa, vencendo o conxunto local por 4-1.

Foi remodelado nunha primeira fase en 1971, coa instalación dunha pista de atletismo sintética, a primeira deste tipo en Bélxica. O estadio de Heysel foi totalmente remodelado en 1995 e renomeado como Estadio Rei Balduíno, en homenaxe ao defunto monarca Balduíno I de Bélxica, que morrera dous anos antes.

Entre os eventos que albergou están o Campionato de Europa de Atletismo de 1950, catro finais da Copa de Europa de fútbol (1957/58, 1965/66, 1973/74 e 1985/86), catro finais da Recopa de Europa (1963/64, 1975/76, 1979/80 e 1995/96) e varios partidos da Eurocopa de 2000.

O 29 de maio de 1985, foi tristemente coñecido por se ter producido nel a chamada traxedia de Heysel, que deixou 39 mortos e uns 600 feridos, debido a unha avalancha de afeccionados pouco antes da final da Copa de Europa entre a Juventus e o Liverpool.[2]

Notas editar

  1. "Koning Boudewijn Stadion". stadiumdb.com (en neerlandés). Consultado o 10 de marzo de 2022. 
  2. "Muerte en el estadio". Mundo Deportivo (en castelán). 30 de maio de 1985. p. 5. Consultado o 10 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar