Coordenadas: 49°58′51″N 36°15′42″L / 49.980858, 36.261703

O Complexo Deportivo do Óblast "Metalist" (en ucraíno: Обласний спортивний комплекс «Металіст», Oblasny sportyvny kompleks «Metalist»), comunmente coñecido como Estadio Metalist (Стадіон «Металіст»), é un estadio de usos múltiples en Khárkiv, Ucraína. Actualmente é utilizado principalmente para partidos de fútbol, sendo o estadio local do FC Metalist Kharkiv. O estadio, que será unha das sedes da Eurocopa 2012, ten capacidade para 38.633 espectadores.

Estadio Metalist
Стадіон Металіст
Ucraína Oblasny Sport Komplex Metalist
Datos
LocalizaciónKhárkiv, Ucraína
Outros nomesEstadio Tractor (1926-49)
Estadio Dzerzhinets (1940-67)
Construción
Inauguración12 de setembro de 1926
Renovación5 de decembro de 2009
ArquitectoZ.V. Permilovskyi
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105 x 68
Capacidade38.633
PropietarioFC Metalist Kharkiv
LocalíaFC Metalist Kharkiv
Eventos

Historia editar

A construción do estadio comezou en 1925 por orde de Anastas Mikoyan, no lugar onde se atopaba o cemiterio do Espírito Santo. Inaugurado o 12 de setembro de 1926, o novo estadio era coñecido como "Traktor", xa que recibía o patrocinio dunha planta de tractores de produción local. Antes da segunda guerra mundial, a instalación pasou a chamarse Estadio Dzerzhynets na honra de Felix Dzerzhinsky, o primeiro xefe da Cheka. Dende 1967 recibe o seu nome actual; ese mesmo ano a capacidade do estadio era para 10.000 espectadores.

Renovacións editar

Incluíndo as melloras para a Eurocopa 2012, o estadio sufriu catro reformas ao longo da súa historia. A primeira delas tivo lugar a mediados dos anos 1960, cando a sección oeste da estrutura foi renovada. A seguinte, que se iniciou en 1970 e terminou catro anos máis tarde, viu a adición das bancadas norte e sur, aumentando a capacidade até os 30.000 espectadores. O arquitecto do proxecto foi Yu. Tabakova. Tamén foi construído o primeiro teito do estadio e un sistema de drenaxe, así como a iluminación, un panel de información, un ximnasio e un hotel.

Unha terceira reforma iniciouse en 1979 para renovar as bancadas leste e sur, mais está non se terminou até tres décadas máis tarde. Despois da demolición ese ano da bancada sur, a construción foi detida por tempo indefinido, e só en 1998 foi continuada tras un atraso de case vinte anos. Erixiuse unha nova bancada leste e a sur foi parcialmente reconstruída.

Unha cuarta renovación do Metalist foi ordenada para a súa preparación de cara a Eurocopa 2012.[1] A bancada sur foi completada e a bancada leste completamente reconstruída. A substitución o teito, xunto con outras modernizacións e melloras estéticas, completouse a finais de 2009. O 5 de decembro de 2009, o renovado estadio foi inaugurado oficialmente por mor do 50º aniversario do presidente do Metalist Kharkiv, Oleksandr Yaroslavsky.

O bancada sur contén un centro comercial-centro de negocios de tres andares, o "Metalist Arena". As oficinas son alugadas por UkrSibbank a varios negocios locais e outros bancos. Hai unha farmacia, un consultorio médico, axencias de turismo e outros negocios.

Eurocopa 2012 editar

Partidos editar

O Estadio Metalist albergou durante o campionato tres encontros, todos correspondentes á fase de grupos (grupo B). Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
9 de xuño Primeira rolda Países Baixos  
0 - 1
  Dinamarca
35.923
13 de xuño Primeira rolda Países Baixos  
1 - 2
  Alemaña
37.750
17 de xuño Primeira rolda Portugal  
2 - 1
  Países Baixos
37.445

Notas editar

  1. "The new architectural monument in Kharkiv". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2009. Consultado o 07 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar