Estadio Francisco Artés Carrasco

Coordenadas: 37°38′20″N 1°44′06″O / 37.638817, -1.735122

O Estadio Francisco Artés Carrasco é un estadio de fútbol español da cidade murciana de Lorca, e serve como localía ao Lorca Atlético e ao La Hoya Lorca CF. Ata 2010 foi o estadio do Lorca Deportiva CF. Leva o nome do segundo presidente do Padroado do Campo de San José de Lorca, tras Juan Martínez García.

Estadio Francisco Artés Carrasco
Fondo norte do estadio durante un partido
Datos
LocalizaciónLorca (Murcia)
España España
Construción
Inauguración6 de marzo de 2003
ArquitectoCristino Guerra
Custo3 500 000 €
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións105x70
Capacidade8.120
PropietarioConcello de Lorca
LocalíaLorca Deportiva CF (2003-2010)
Lorca Atlético (2010-)
La Hoya Lorca CF (2011-)
Eventos
España-Suíza (sub-21)

Historia editar

Xestación do proxecto editar

O día 2 de outubro de 2001 colócase a primeira pedra do complexo deportivo na Torrecilla. Eusebio Abellán declara: "Lorca contará cun estadio digno. Imos ter máis estadio que equipo de fútbol." A empresa que construirá o estadio será Construcciones Giner e o custo roldará os 600 millóns de pesetas.

O xoves 29 de novembro de 2001 colocouse a primeira pedra do novo estadio nun acto ao que asistiron entre outros Cristino Guerra, o arquitecto responsable do proxecto, e o alcalde Miguel Navarro. En novembro de 2002, coas obras xa moi avanzadas, recíbese a visita de Ángel María Villar, presidente da RFEF. Inténtase que o novo estadio acolla un partido da Selección absoluta, pero ao estar esta comprometida ata 2004 acórdase que sexa un partido da Sub-21.

Actos de inauguración editar

En febreiro de 2003 anúnciase que a inauguración do novo estadio será o 5 de marzo contra o FC Barcelona. O contrato asegúralle ao Barça uns ingresos de 282.475€, gastos de desprazamento e hospedaxe á parte, sendo o orzamento xeral de gastos uns 312.500€.

O 1 de marzo os fillos de Francisco Artés Carrasco descobren unha placa no vestíbulo do estadio que reza "A Cidade de Lorca rende homenaxe e recupera a figura do ilustre lorquino Francisco Artés Carasco, cuxo nome perpetúa para a historia este estadio." Está presente no acto José Luis Morga, presidente da FFRM, e o párroco Roberto B. Jiménez Martínez, quen bendí o estadio igual que fixo en 1951 co Municipal de San José.

Tras unha pequena polémica pola ausencia dalgunhas estrelas do FC Barcelona chega o esperado 5 de marzo. Ante uns 7.000 espectadores o Barcelona derrota ao Lorca Deportiva por 1 gol a 4.[1] Dirixe o partido o colexiado lorquino Gregorio Bernabé García. Nos prolegómenos do partido Amador Bernabéu e Miguel Navarro descubriron unha placa conmemorativa.

O 13 de marzo xógase o segundo partido con motivo da inauguración do campo. Ante apenas 400 espectadores o Lorca Deportiva cae ante o Almería por 1 a 6. Antes do partido descubriuse unha placa no campo anexo co nome de Juan Martínez Casuco, lorquino e adestrador do Almería.

O 19 de marzo xógase o primeiro partido oficial no Francisco Artés Carrasco. Adiántase a xornada 32 a este día para que o primeiro encontro no novo estadio sexa contra o eterno rival, o Águilas CF. O primeiro gol oficial márcao Ipintza no minuto 46 e empatou o Águilas cun gol de penalti de Julián no 93. 4000 espectadores viron o encontro de liga.

O 1 de abril foi o Atlético de Madrid quen visitou o Lorca co lorquino Lázaro Albarracín, vicepresidente do equipo colchoneiro. Ante uns 4000 espectadores o Lorca caeu derrotado por 1-3.

O último dos encontros organizados foi un partido entre as seleccións Sub-21 de España e Australia. O partido terminou cun 1-0 favorable a España. 5000 persoas asistiron ao encontro.

Notas editar

  1. www.terra.com (2003). "1-4. O Barcelona vence sen dificultades a equipo de terceira". Consultado o 5 de marzo.