Estación de Zamora

Coordenadas: 41°30′57″N 5°44′23″O / 41.515916666667, -5.7397777777778

A estación de Zamora é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Zamora, en Castela e León. Foi inaugurada en 1958 despois dun longo período de obras que se iniciaron en 1927. É de estilo neoplateresco e ten a consideración de estación histórica.[1]

Zamora
SituaciónZamora
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación que se atopa a 640,1 metros de altitude forma parte do trazado das seguintes liñas férreas:

Ademais formaba parte da liña férrea de ancho convencional Plasencia-Astorga que foi pechada en 1985 tras permitirse o peche das liñas altamente deficitarias por parte do Goberno de España.[3]

Historia editar

A estación foi inaugurada o 28 de maio de 1864 coa chegada do primeiro tren desde Medina del Campo ao concluírse as obras entre Medina del Campo e Zamora.[4] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía de Medina del Campo a Zamora quen rapidamente se convertería en Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo ou MZOV. A estación tiña unha estrutura sinxela formada por tres corpos realizados en ladrillo con amplas xanelas. Engadíuselle unha marquesiña metálica de tres alturas que se adaptaba á altura dos tres corpos que formaban o edificio de viaxeiros. O que inicialmente era unha estación termo transformouse nun nó ferroviario pola chegada as liñas férreas que unían Palazuelos con Astorga e Zamora con Galicia.

En 1927 decidiuse construír o actual edificio.[5] A obra encargouse a Marcelino Enríquez. Foi un proceso longo que sufriu varias interrupcións ata culminar en 1958 coa inauguración do edificio xa baixo a xestión de Renfe e coa liña Medina del Campo-A Coruña operativa na súa totalidade desde o ano anterior.[5] O recinto ía contar cunha ampla marquesiña de 32 metros que finalmente se descartou dado que supoñía elevar aínda así o custo dun edificio que xa alcanzara 12 millóns de pesetas. En 2013 a estación preparouse para a chegada da alta velocidade.

O 17 de decembro de 2015 púxose en servizo a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia no seu tramo Olmedo-Zamora de 99 km permitindo melloras nos tempos de viaxe pero só alcanzando unha velocidade de 200 km/h ata que estea instalado o sistema de sinalización e seguridade ERTMS e poidan circular os trens AVE. Ata ese momento a liña é operada por trens Alvia.

A estación editar

A estación atópase no barrio de Las Viñas, a uns 600 m da Avenida das Tres Cruces. O edificio de estilo neoplateresco e construído con pedra dourada de Villamayor posúe unha fachada principal de 88 metros de lonxitude formada por tres corpos que inclúen catro torres cadradas e tres pisos.[5] O corpo central claramente diferenciado dos laterais serve para acceder ao edificio para viaxeiros. Conta cunha terraza no segundo piso decorada cun frontón triangular, un reloxo e dous escudos. A planta baixa complétase con arcadas de estilo renacentista que debuxan unha longa galería. Unha crestería completa a ornamentación que en xeral garda unha gran similitude co palacio de Monterrey en Salamanca.[5]

Dispón de tres plataformas, un lateral e dous centrais, todas cubertas con marquesiñas, ás que acceden cinco vías. Moitas máis vías completan o complexo ferroviario.

Ten venda de billetes, atención ao cliente, aseos e cafetería. Todo o recinto está equipado con servizos adaptados para as persoas con minusvalía. No exterior existe un aparcadoiro, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.

Servizos editar

Longa Distancia editar

Actualizados a 6 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · O Carballiño · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido

Media Distancia editar

Actualizados a 6 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino Destino/Orixe
18 MD Valladolid-Campo Grande Pobra de Seabra

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar