Estación de Villanueva de Córdoba-Los Pedroches

Coordenadas: 38°15′18″N 4°34′24″O / 38.2548761, -4.5732545

A estación de Villanueva de Córdoba-Los Pedroches é unha estación de tren de Adif situada no concello de Villanueva de Córdoba, na provincia de Córdoba, a 11 km do centro urbano e a 32 km de Pozoblanco, na comarca de Los Pedroches.

Villanueva de Córdoba-Los Pedroches
SituaciónVillanueva de Córdoba (Córdoba)
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiro
Liñas
Alta velocidadeAV City
Longa DistanciaAltaria

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 285,193 da liña férrea de ancho internacional e alta velocidade que une Madrid con Sevilla.

Historia editar

A liña de alta velocidade entre Madrid e Sevilla abriuse ao tráfico en 1992. Non obstante, a estación de Villanueva de Córdoba-Los Pedroches non se inaugurou ata o 29 de marzo de 2014.[1]

A estación editar

A estación dispón dunha Máquina Autoventa Multifunción, que permite ao viaxeiro facer as accións básicas, como comprar un billete, modificar a súa hora de saída ou asignar punto á cartón Tempo. No vestíbulo da estación hai dúas máquinas expendedoras, unha de bebidas e outra de petiscos.

Dispón dun aparcadoiro gratuíto, no que non é necesario efectuar reserva algunha. Tamén conta con algunhas prazas techadas, dúas delas reservadas para persoas con mobilidade reducida, iluminación e vixilancia as 24 horas.

Accesos editar

Atópase a 3 km da estrada A-421 que une Villanueva de Córdoba con Adamuz. Pódese acceder mediante un autobús interurbano que percorre as poboacións de Pozoblanco e Villanueva de Córdoba facendo parada en cada unha destas.[2]

Servizos ferroviarios editar

Longa Distancia editar

Actualizados a 13 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AV City Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Villanueva de Córdoba-Los Pedroches · Córdoba Sevilla-Santa Justa 2 trens diarios por sentido
Altaria Madrid-Puerta de Atocha Cidade Real · Puertollano · Villanueva de Córdoba-Los Pedroches · Córdoba · Antequera-Santa Ana · Ronda · San Roque-La Línea Alxeciras 1 trens diario por sentido

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Los Pedroches entran na alta velocidade dende hoxe
  2. Conexiones de Autobuses Interurbanos (ed.). "Autocares San Sebastian" (en español). Consultado o 8 de setembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar