Estación de Santo Estevo do Sil

estación de ferrocarril en Pantón

Coordenadas: 42°25′38″N 7°39′44″O / 42.4272, -7.66214

Santo Estevo do Sil é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Estación, no concello de Pantón, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Santo Estevo do Sil
SituaciónPantón
Liñas
Media distanciaRexional Exprés

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 19,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 154 metros de altitude, entre as estacións dos Areas e San Pedro do Sil.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 1 de decembro de 1884 coa aperta do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar