Estación de Requena-Utiel

Coordenadas: 39°31′28″N 1°08′15″O / 39.5244, -1.13756

A estación de Requena-Utiel é unha estación ferroviaria de alta velocidade de Adif situada no concello de Requena, na provincia de Valencia. Está situada a 6 km do centro e a 15 km de Utiel.

Requena-Utiel
SituaciónRequena (Valencia)
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCarros portavultosVenda de billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE
Media distanciaAvant

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 327,45 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante, entre as estacións de Cuenca-Fernando Zóbel e Valencia-Joaquín Sorolla.

Historia editar

A estación foi inaugurada polos reis Xoán Carlos I e Sofía o 18 de decembro de 2010.[1] Á inauguración tamén asistiron o presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente da Generalitat Valenciana Francisco Camps e os alcaldes de Requena e Utiel Adelo Montés e José Luis Ramírez, entre outras autoridades.

A estación editar

O edificio da estación dispón dunha superficie en planta duns 1.200 metros cadrados, desenvolvidos nunha soa planta de 62 metros de longo por 20 de ancho. Está formado por tres volumes de diferentes alturas conectados entre si, onde se sitúa o vestíbulo, o espazo de venda de billetes, as dependencias de persoal e os aseos, entre outras dependencias.[2]

A nova estación é "respectuosa co medio ambiente" polo que conta con paneis solares para a produción de auga quente sanitaria e paneis foto voltaicos para a captación de enerxía solar e a súa transformación en enerxía eléctrica.

A estación ten dúas plataformas de 400 metros de lonxitude útil e oito metros de anchura, dotados de marquesiñas de protección.

Servizos ferroviarios editar

Longa Distancia editar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Requena-Utiel Valencia-Joaquín Sorolla 10/15 trens diarios por sentido

Media distancia editar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Avant Requena-Utiel <> Valencia-Joaquín Sorolla

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar