Estación de Quereño

Coordenadas: 42°25′15″N 6°49′46″O / 42.4207, -6.82944

Quereño é unha estación de tren de Adif, situada en Quereño, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.

Quereño
Vista da estación
SituaciónRubiá
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria editar

Está situada no punto quilométrico 282,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 376 metros de altitude,[1] entre as estacións de Pumares e Covas. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia editar

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En setembro dese mesmo ano abriuse na estación un lazareto ante a epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira parada existente en Galicia e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela[3]

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación editar

Dispón dun edificio para viaxeiros de base rectangular e tres plantas con disposición lateral ás vías. Conta con tres vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ningunha delas está cuberta. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios editar

Media Distancia editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe <> Destino
  Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. «El cólera de 1885 en Ourense: "Dende Quereño á Canda...¡Que vacunen ó demo!. A min non me xiringa nadie”», artigo de David Simón no blog Diario de un médico de guardia, 20 de agosto de 2015 (en castelán).

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar