Estación de Neda

estación de ferrocarril en Neda

Coordenadas: 43°29′43″N 8°09′40″O / 43.4954, -8.161

Neda é unha estación de Adif situada na vila de Neda, na provincia da Coruña. Ten paradas comerciais de Media distancia operadas por Renfe.

Neda
Estación de Neda
SituaciónNeda
Liñas
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 36,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Betanzos con Ferrol a 8 metros de altitude,[1] entre o apeadoiro de Perlío e a estación de Ferrol. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 5 de maio de 1913 coa apertura da liña Betanzos-Ferrol, tras un longo período de proxectos e obras, tras quedar deserto o concurso para a súa construción e explotación.[2] Encargouse a Norte que efectuase o mantemento necesario para a posta en servizo desta liña. Encargouse finalmente da explotación MZOV, e a partir de 1928, a Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[3] En 1941, a estación pasou a depender da recentemente creada Renfe, quen xestionou a mesma ata a separación da compañía en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Por outra banda, o 28 de agosto de 1924 inaugurouse a liña de vía métrica de tranvías de Ferrol que unía a cidade de Ferrol con Neda. Esta liña tiña unha lonxitude de 37,5 km e foi clausurada o 3 de xullo de 1961.

A estación editar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos, actualmente sen servizos ferroviarios como despachos de billetes ou aseos. Atópase no sur da vila, xunto á ría de Ferrol. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Obras da liña Betanzos - Ferrol Arquivado 09/03/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia
  3. Betanzos a Ferrol Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar