Estación de Lalín

estación de ferrocarril en Lalín

Coordenadas: 42°37′57″N 8°08′33″O / 42.6325, -8.14259

Lalín é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Estación, na parroquia de Botos, nas proximidades da vila de Lalín, provincia de Pontevedra. Conta con servizos de media distancia operados por Renfe.

Lalín
Plataforma da Estación de Botos, Lalín
SituaciónLalín
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 315,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 472 metros de altitude, entre as estacións da Ponte Taboada e O Irixo.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O Carballiño-Santiago de Compostela da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación editar

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central e dous anexos laterais. Conta con dúas plataformas curvadas, unha lateral e outra central e con catro vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <>  Ourense-San Francisco

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Carballiño (Est.) Euroferroviarios
  2. Ourense a Santiago de Compostela Arquivado 31 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar