Estación de Casetas

Coordenadas: 41°43′22″N 1°01′13″O / 41.72265, -1.02017

A estación de Casetas é unha estación de ferrocarril situada no barrio de Casetas da cidade de Zaragoza. Forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe, sendo este o único servizo prestado na actualidade na estación.

Casetas
Vista xeral da estación
SituaciónZaragoza
ServizosAparcadoiro
Liñas
Cercanías (Proximidades Zaragoza)

Situación ferroviaria editar

Casetas é unha estación de bifurcación situada a 209,9 metros de altitude na que conflúen dúas liñas clásicas de ancho convencional:

Historia editar

A estación foi inaugurada o 25 de maio de 1863 coa apertura do tramo Medinaceli-Zaragoza da liña férrea Madrid-Zaragoza por parte da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA. Non tardaría en chegar unha prolongación entre Zaragoza e Casetas (como primeiro paso da conexión con Navarra) obra da Compañía de Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona que tras a súa fusión coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona daría lugar á compañía dos Ferrocarrís de Zaragoza a Pamplona e Barcelona. O 1 de abril de 1878 esta última viuse obrigada a aceptar unha fusión con Norte dada a súa delicadísima situación económica.

En 1922, o forte tráfico que se concentraba en Casetas obrigou a Norte e a MZA a buscar solucións para desconxestionar a estación. A solución atopada pasou por habilitar o empalme da estación de Almanzora. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de ambas as compañías na recentemente creada Renfe.

A década dos 80 trouxo a electrificación do tramo Calatayud-Casetas e unha nova variante.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

O 11 de xuño de 2008, con ocasión da Exposición Internacional de 2008 integrouse o barrio de Casetas na rede de Proximidades Zaragoza.[1] Para iso foi construída unha nova estación de viaxeiros a escasos metros da antiga, sobre a plataforma ao lado Castejón.

Servizos ferroviarios editar

Proximidades editar

A estación forma parte da liña C-1 da rede de Proximidades Zaragoza operada por Renfe. Uns vinte trens diarios en cada sentido enlazan Casetas con Miraflores nun traxecto que adoita cubrirse en 20 minutos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar