Estación de Canaval

estación de ferrocarril en Canaval, Sober

Coordenadas: 42°28′58″N 7°35′15″O / 42.4827, -7.58746

Canaval é unha estación de tren de Adif, situada en Canaval, no concello de Sober, provincia de Lugo. Ten servizos de media distancia.

Canaval
Estación de Canaval.
SituaciónSober
Liñas
Media distanciaIntercity, Rexional Exprés

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 9,1 da liña férrea de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela a 271 metros de altitude, entre as estacións dos Monforte de Lemos e Areas.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia editar

A estación inaugurouse o 1 de decembro de 1884 coa apertura do tramo Monforte de Lemos-Ourense da liña que unía Vigo con Monforte de Lemos.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo. Dita xestión mantívose ata 1928 cando foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España, compañía pública creada para xestionar varios trazados, en xeral deficitarios, do oeste do país.[2] En 1941, Oeste foi unha das empresas que se integrou na recentemente creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación editar

Está situada ao norte do municipio, preto da estrada N-120. O edificio para viaxeiros é unha estrutura de planta rectangular e dúas alturas que cobre un tellado de catro vertentes. Como outras estacións da liña loce un frontón rectangular nas súas fachadas. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. As instalacións complétanse con peiraos de carga en desuso.

Servizos ferroviarios editar

Media distancia editar

Actualizado a 14 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
6 Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
<> Vigo-Guixar

Notas editar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net (en castelán). 5 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar