Estación de Baños de Molgas

Coordenadas: 42°14′15″N 7°40′59″O / 42.2375, -7.68306

Baños de Molgas é unha estación de tren de Adif, situada na vila de Baños de Molgas, na provincia de Ourense. Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Baños de Molgas
SituaciónBaños de Molgas

É unha das estacións rehabilitadas polo Inorde en 2010[1] Acolle desde 2011 o Museo de Moncho Borrajo.[2]

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 215,5 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 544 metros de altitude,[3] entre as estacións de Vilar de Barrio e Ponte Ambía. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A vontade de unir Madrid vía Medina del Campo con Vigo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Payares no ferrocarril de Asturias".[4] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña entre Zamora e A Coruña.[4] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación da Gudiña quedou sen os servizos de Media Distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[5]

A estación editar

Dada a importancia turística das augas termais situados na localidade o edificio de viaxeiros é un amplo edificio de dúas plantas adornado por unha galería formada por seis arcos frontais e un lateral na súa planta baixa. Na súa última remodelación foi repitanda de branco a excepción do interior dos arcos e das xanelas que alternan o azul mariño e o laranxa. Conta con dúas plataformas, unha lateral e outra central e catro vías. A plataforma central carece de marquesiña. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Notas editar

  1. "Ourense recupera seis viejas estaciones", artigo en Faro de Vigo, 1 de novembro de 2010 (en castelán).
  2. "Moncho Borrajo inaugura su museo en Baños de Molgas". La Región (en castelán). 2011-05-20. Consultado o 2022-09-03. 
  3. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  4. 4,0 4,1 Liña Zamora-Ourense Afzamorana
  5. Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo

Véxase tamén editar