Estíbaliz Espinosa

escritora e artista galega

Estíbaliz Espinosa Río, nada na Coruña o 6 de xullo de 1974, é unha poeta, ensaísta, tradutora, cantante e comunicadora de ciencia galega. Licenciouse pola Universidade da Coruña en Socioloxía e en Filoloxía Hispánica.[1]

Infotaula de personaEstíbaliz Espinosa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1974 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , música , poeta , astrónoma afeccionada Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoPoesía e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 1463 AELG: 211 Dialnet: 2400718

Traxectoria editar

Poesía editar

O seu primeiro poemario en galego é Mecánica Zeleste (1999).[1] onde xa apunta temas como a astronomía e a rebeldía poética. Publicou Pan (libro de ler e desler) (2000), –orama (2002) e Número e (2004), un ciclo con textos que aluden á ciencia, ao íntimo, á procura da identidade e a unha relación poética coa matemática. Neste conxunto hai referencias á ollada, á hibridación con outras ciencias e artes, e toca aspectos como a perspectiva de xénero, os contos de fadas ou a astronomía dende un sentido profundamente filosófico.

Zoommm.Textos biónicos (2007/2009) e Papel a punto de (2011) son obras poéticas experimentais sobre a bioloxía, a ciencia, a lingua e o sistema literario.[2][3]

No poemario Curiosidade (2017), ilustrado por Celsius Pictor [4] , consolida esta reflexión, ás veces con ironía, arredor da ciencia, a lingua, o xénero e a maternidade.[5]

No poemario ...as neuronas irmás... (2018) tratou temas como a a conciliación do ser humano no cosmos, a bioloxía e a intelixencia artificial, e a sociopolítica familiar en torno ao dó pola morte dun ser querido.[6]

Participa en revistas de ámbito nacional e internacional, como Dorna, Grial ou Strange Horizons.[7][8]

Poesía, ciencia, música editar

Na rede foi escritora de varios blogs ...mmmm...[9] [...], abra la cápsula, por favor.[10] e sagasomos [11]

Gravou audiopoemas (Instituto Cervantes de Nova York, El Gaviero, 2005), audiolibros propios e podcasts.

Pioneira na dirección de iniciativas de poesía, ciencia e música en galego como O entrelazamento, A ciencia do poema, As curiosas: son de letras+ciencias, Curiosas na Lúa (Deputación da Coruña, 2019), Escrita no ceo (Planetario de A Coruña, 2014), Porto ciencia/Porto poema (2023) ou Novembro Estelar (2021, 2022).[12]

É unha voz convidada a numerosos festivais literarios nacionais e internacionais (Cosmopoética, Gales, La Mediterrània) e científicos (Naukas Coruña, A fotografía 51).

Codirixiu e presentou Ulalume, un programa literario na radio independente Cuac FM (1996-2001).

Traballou como actriz en varias obras de teatro e ópera (Peter Pan, O club da calceta, Don Giovanni, Evgeni Onegin, Turandot). É cantante profesional, tesitura de mezzosoprano. Cantou no coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e Aisis e desenvolve traballo profesional como solista de jazz, música galega e canto lírico [13]

Traballou no proxecto de poesía en planetarios Urban Travel Machines, coordinado por Philip Meersman, en Antuerpen, Bruxelas e A Coruña.[14]

 
Caricatura de Estíbaliz Espinosa.

Estilo editar

Na súa poética hibrida ciencia, filosofía e música, cun estilo literario perspicaz e moi recoñecible que combina a reflexión anovadora, o pensamento crítico e unha retranca ou ironía características da tradición literaria galega.

Está recoñecida como unha das voces máis potentes e singulares da literatura galega actual por críticos e xornalistas literarios como Mario Regueira, Montse Dopico, César Lorenzo ou Ramón Nicolás.[15]

Obra en galego editar

Poesía editar

  • Mecánica zeleste (1999).
  • Pan (libro de ler e desler) (Sociedad de Cultura Valle-Inclán, 2000).
  • -orama (Deputación de Pontevedra, colección Tambo, 2002).
  • Número e (Espiral Maior, 2004).
  • Zoommm. Textos biónicos (A Regueifa Plataforma (descarga libre en www.aregueifa.net), 2007. Publicado como libro en Xerais no 2009).
  • Curiosidade (Aira Editorial, 2017). Ilustrado por Celsius Pictor. [16]
  • ...as neuronas irmás... (XV Premio de Poesía Afundación-Pen Clube, 2018)
  • Constelación Maruja que muta noutras (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021). Ilustrado por Miguel Robledo

Ensaio editar

  • Curiosas na Lúa (Deputación provincial da Coruña e A Curiosa, 2020)
  • Poesía hexágono (Apiario Editorial, 2014)

Relato editar

  • Cápsulas de son. 13 relatos sobre científicas (iBooks, 2015).

Tradución editar

  • A illa curiosa e a tradución do universo, VV AA (Col. Cíes, Deputación provincial de Pontevedra, 2016)
  • Cómo escribir una canción de amor, de Sholeh Wolpé (Olifante, 2016)
  • O universo de Dona Pega, de Juan Carlos Medal, Jaítos (7emilias e Concello da Coruña, 2022)
  • Un compromiso co asombro, de Rebecca Elson (Galaxia Editorial, 2023)

Con outras artes editar

  • Vídeopoema Neuronas a ceo aberto (Galicia Futura, Cidade da Cultura, 2021), realizado por Lucía Estévez
  • Audiolibro Constelación Maruja da plaquette poética sobre Maruja Mallo (Cidade da Cultura, 2021)
  • Vídeopoema río invisible. Vía Láctea Dirixido por Juan Lesta
  • Vídeopoema No xardín nocturno de Antonia Dirixido por Juan Lesta
  • Gustav Henningsen. O danés curioso en Ordes (aCentral Folque, 2018) Libro de fotografía
  • Calendario de Ceos Galegos Astrofotografía 2021, 2022, 2023, 2024

Literatura infanto-xuvenil editar

  • Caer de cu polo universo (Apiario, 2015).
  • Abominables adorables (7emilias e Concello da Coruña, 2022; reeditado por Baía Edicións, 2023)
  • Canto Cosmos (Edicións Embora, 2024). Ilustrado por Clara Cerviño.
 
En 2018 en Pontevedra.

Obras colectivas editar

  • O libro dos abanos (palabras no aire) (Follas Novas, 2002).
  • XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível (S. C. D. Condado, 2002).
  • Mujeres de carne y verso (La Esfera, Madrid, 2002). Edición bilingüe galego-castelán.
  • Poesía Galega Contemporánea III 1975-2000, La Voz de Galicia. Edición bilingüe galego-castelán.
  • Sprache ist alles...(Ed. Klett-Cotta, Stuttgart)
  • Alma de beiramar (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (Fundación Araguaney, 2003).
  • Negra Sombra (Espiral Maior, 2003).
  • Das sonorosas cordas (Eneida, Madrid, 2005).
  • O desafío das ondas (Autoridade Portuaria da Coruña, 2005).
  • Que la fuerza te acompañe/May the force be with you (Salamandria, 2005).
  • Son de poesia (Edições Fluviais, Lisboa, 2005).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña, 2006).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (Difusora, 2006).
  • A Coruña á luz das letras (Trifolium, 2008).
  • Letras novas (Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2008).
  • Erato bajo la piel del deseo (Sial Ediciones, 2010).
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (A Nave das Ideas, 2011), libro electrónico.
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (AELG, 2011), libro electrónico.
  • As que rubimos montañas (2012, Meubook/Implicadas).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013, A. C. Caldeirón).
  • Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas (2014, Apiario).
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Obra en castelán editar

  • Papel a punto de (2011). El Gaviero.
  • Ana la Gaviera (2014). El Gaviero.

Traducións editar

En alemán editar

  • Sprachbuch (2003). Ernst Klett Sprachen.[17]

En inglés editar

  • Supernatural Tongue (2016). Tradución ao inglés de Lawrence Schimel. Strange Horizons.[8]

En italiano editar

Premios editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Efe (2011-07-24). "La coruñesa Estíbaliz Espinosa gana el premio Semana Negra de poesía". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  2. "Papel a punto de". 
  3. "Zoommm.Textos biónicos". 
  4. "Celsius Pictor". 
  5. Nicolás, Ramón (2018-03-22). "Curiosidade, de Estíbaliz Espinosa". Caderno da crítica. Consultado o 2024-03-12. 
  6. "'As neuronas irmás', de Estíbaliz Espinosa". Diario Cultural. Consultado o 2024-03-12. 
  7. "Estíbaliz Espinosa". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-02-19. 
  8. 8,0 8,1 October 2016, Lawrence Schimel Issue: 31 (2016-11-01). "supernatural tongue". Strange Horizons (en inglés). Consultado o 2024-03-12. 
  9. "estibaliz espinosa". 
  10. ":: abra la cápsula, por favor ::". :: abra la cápsula, por favor :: (en castelán). 2014-05-30. Consultado o 2024-03-12. 
  11. ":: sagasomos ::". 
  12. "curiosas youtube". Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xuño de 2020. Consultado o 06 de abril de 2024. 
  13. "Estibaliz Espinosa bandcamp". 
  14. "Urban Travel Machines". 
  15. "Dor, beleza, ciencia". 
  16. https://airaeditorial.gal/titulos/curiosidade/
  17. "Sprachbuch". www.klett-sprachen.de (en alemán). Consultado o 12/03/2024. 
  18. "L´Europa dei giovani". CLEUP sc - Cooperativa Libraria Editrice Università di Padova (en italiano). Consultado o 2024-03-12. 
  19. "Entrega del XV Premio de Poesía Afundación a Estíbaliz Espinosa". Afundación TV (en castelán). Consultado o 2024-03-12. 
  20. "Estíbaliz Espinosa gaña o certame literario Modesto R. Figueiredo dotado con 1.000 €". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2020-01-27. 
  21. "Premio "Luísa Villalta" a proxectos pola igualdade". www.dacoruna.gal. Consultado o 2024-03-12. 
  22. "Os Premios Alfredo Iglesias recoñecen a nove persoas no eido cultural e social o día 16 en Teo". www.lavozdegalicia.es. Consultado o 2023-01-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar