Esquerda Nacionalista

organización nacionalista galega

Esquerda Nacionalista foi un partido político galego formado en 1992. Conta con 9 membros no seu Consello Nacional e tiña arredor de 600 militantes no ano 2002[Cómpre referencia]. Estivo integrado no BNG desde a súa fundación até febreiro de 2012, o 14 de abril dese ano a organización acordou deixar de actuar como tal, quedando os seus militantes como membros de Máis Galiza, formación no que xa estaba integrada, con todo formalmente non se disolveu quedando en estado latente [1].

Pancarta do partido na Praza da Quintana, Santiago de Compostela.

Historia e características editar

Propugna a independencia de Galicia e a reintegración gradual do galego no portugués[Cómpre referencia]. EN apoiou o si no referendo sobre o tratado da Constitución Europea.

Dende a súa VI Asemblea Nacional, celebrada en Compostela o 30 de marzo de 2008, o seu Secretario Nacional é Xosé Chorén[2] e o seu Presidente Alberte Xulio Rodríguez Feixoo. Porén unha parte da militancia non a recoñeceu como a VI Asemblea Nacional e Esquerda Nacionalista-Mocidade negoulle a súa lexítimidade[3], motivo polo cal decidiron escindirse e deixar de ser as súas xuventudes. Os máximos órganos do partido son a Executiva Nacional e a Mesa Nacional.

En Galiza é o seu voceiro e promove a Fundación Enclave.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar