O especismo é unha forma da discriminación. Implica tratar a membros dunha especie peor que a outros doutra especie mesmo cando os seus intereses son equivalentes.[1][2][3]

Este termo é empregado a miúdo no campo da defensa dos animais, para afirmar que o especismo é un tipo de prexuízo de funcionamento similar a racismo ou o sexismo, pois sostén que o xeito no que se debe tratar a un individuo depende do grupo ao que pertence, non das súas características propias (en concreto, de que poida sentir), ou ben doutras características non relevantes. O especismo sería causa do uso de animais en prácticas crueis, no seu consumo como comida, roupa, para o lecer (como nas touradas) e para outros fins. Tamén implicaría a negativa para auxiliar a aqueles que están en situación de necesidade, en concreto no caso do sufrimento dos animais no mundo salvaxe.[4]

Notas editar

  1. Ryder, Richard D. 2010. "Speciesism Again: The Original Leaflet", Critical Society, 2, 1-2
  2. Duignan, Brian. "Speciesism"Encyclopedia Britannica
  3. Singer, Peter 2011. Liberación Animal, Madrid: Taurus
  4. Horta, Oscar. 2019. Na defensa dos animais. Rianxo: Axóuxere

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar