O escudo de armas do Chad é un dos símbolos nacionais do país e foi adoptado oficialmente en 1970. O centro do escudo é un campo chevronado de ouro e azur. O brasón é sostido por dúas figuras: un Ammotragus lervia e un león rampantes e de ouro cargados cunha punta de goles. O escudo está surmontado por unha figura de goles que representa o sol. Na parte inferior do escudo aparecen a Orde Nacional do Chad, a condecoración máis importante do país e, escrito nunha cinta, a lema nacional: “Unité, Travail, Progrès” (Unidade, Traballo, Progreso).

Escudo do Chad
Detalles
ArmigerChad
Adoptado1970
CristaSol nacente de goles
EscudoCampo chevronado de ouro e azur.
AlicerceAmmotragus lervia e león rampantes e de ouro cargados cunha punta de goles.
Divisa“Unité, Travail, Progrès” (Unidade, Traballo, Progreso)

O sol de goles simboliza o inicio dun novo tempo para o país. A cabra representa a zona norte do país e o león o sur, e tamén representa a valentía. O esmalte (cor) azur (azul) simboliza a auga do lago Chad.

Tamén hai un selo oficial, de forma circular, adoptado en 1959. Contén a representación do busto dunha muller e leva inscritos o nome do estado e o lema nacional, todo en branco e negro.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar