Escudo de Xamaica

O escudo de Xamaica é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente en 1962. Considerado como un legado británico con lixeiras modificacións, o escudo foi creado en 1661. O deseño orixinal é de William Sancroft, Arcebispo de Canterbury.[1]

Escudo de Xamaica
Detalles
ArmigerXamaica
Adoptado1962
TorsoPrata e goles
DivisaOut of many, one people

O lema orixinal era INDUS UNTERQUE SERVIET VNI, que traducido do latín significa "Os dous indios servirán como un só", ou tamén "Ámbolos indios servirán xuntos". Ese lema facía referencia á servidume colectiva dos taínos e arauacos. O lema foi substituído en 1962 por "Out of Many, One People", ("De moitos, un pobo")[2] como un tributo á unidade das diferentes minorías que habitan a nación.

Escudos históricos editar

Notas editar

  1. "National Symbols". The National Library of Jamaica. Consultado o 27 de decembro de 2012. 
  2. "This day in 1962". The Gleaner. 4 de abril de 2012. Consultado o 25 de decembro de 2012. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar