O escudo de Tuvalu é un campo partido de azur na súa división superior, de ouro ou dourado con catro ondas de azur na súa división inferior, con bordo de ouro, cargada con oito mexillóns nas súas cores naturais e oito follas de plátano de sinople. No campo de azur, unha cabana sobre o chan, representado co sinople.

Escudo de Tuvalu.

A cor azul do fondo do escudo representa o ceo, as liñas de cor dourado e azul simbolizan as ondas do Océano.

Na parte inferior do escudo aparece, escrito nunha cinta, o lema nacional do país e título do Himno Nacional, Tuvalu mo te Atua ("Tuvalu para o Todopoderoso").

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar