Escudo de Alemaña

O escudo de armas de Alemaña ten a súa orixe en diferentes símbolos que se sucederon durante o Sacro Imperio Romano Xermánico, o cal, ao desintegrarse en 1806 como consecuencia das Guerras Napoleónicas, deixou sen escudo oficial aos estados alemáns que formaran parte do Imperio.

Escudo de Alemaña
Detalles
ArmigerAlemaña
Adoptado20 de xaneiro de 1950
EscudoAguia de sabre en campo de ouro, armada, picada e lampasada de goles.

Durante o Imperio alemán que se estableceu en 1871, a aguia real volveu tomarse como símbolo, sendo modificado o seu deseño trala derrota alemá na primeira guerra mundial e logo novamente nos anos 1930 tras instaurarse a Alemaña nazi.

A RFA estableceu o actual escudo en 1950. Este escudo foi deseñado en 1926 por Tobias Schwab reformando o escudo da República de Weimar. Nesa época chamábaselle a aguia de Weimar, pero cando a RFA adoptouno como símbolo pasou a coñecerse como a "aguia federal", nome que mantén ata hoxe en día.

A aguia federal (Bundesadler en alemán) figura, por exemplo, en moitos documentos oficiais, nos uniformes do exército, na fachada de edificios estatais, nas moedas e pasaportes, así como nas camisetas das federacións deportivas alemás. Ás veces tamén aparece na bandeira de Alemaña, aínda que non é o normal.

Escudos históricos editar