Escuadro (instrumento)

Un escuadro (do verbo escuadrar e este do latín quadrum, -i ‘cadrado’)[1] é unha ferramenta con forma de triángulo rectángulo isóscele que se utiliza para debuxar figuras xeométricas. Hainos de diferentes tamaños e cores, e adoitan ter biseis nos cantos, que permiten utilizar grafos no debuxo. Estritamente non ten porque levar escala gráfica, non é un instrumento de medición, mais os fabricantes prodúceno así.

Escuadro.

Emprégase canda un cartabón ou unha regra, para trazar liñas, paralelas, perpendiculares.

Escuadro profesional.

Notas editar

  1. "Escuadro". Portal das Palabras. Consultado o 19 de setembro de 2016.