Escherichia

xénero de bacterias

Escherichia é un xénero de bacterias pertencente á familia Enterobacteriaceae. É unha bacteria gramnegativa, non formadora de esporas, anaerobia facultativa.[1] Forma parte da flora intestinal dos animais de sangue quente, onde Escherichia proporciona unha parte da súa produción de vitamina K ao seu hóspede. Algunhas especies de Escherichia son patóxenas.[2] O xénero recibiu o seu nome por Theodor Escherich, que descubriu a especie E. coli

Patoxénese editar

A pesar de que a maioría das especies de Escherichia son comensais inofensivos, algunhas cepas son patóxenos humanos,[3] causantes de infeccións do tracto urinario,[4] e enfermidades gastrointestinais que varían entre unha simple diarrea ata unha disentería;[1] tamén é causante dunha ampla gama de estados patolóxicos.[5] A pesar de que Escherichia coli é responsable da gran maioría das enfermidades provocadas por este grupo de bacterias en humanos, outros membros do xénero tamén poden producir infeccións.[6][7]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed.). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1. 
  2. C.Michael Hogan. 2010. Bacteria. Encyclopedia of Earth. eds. Sidney Draggan and C.J.Cleveland, National Council for Science and the Environment, Washington DC
  3. Guentzel MN (1996). Escherichia, Klebsiella, Enterobacter, Serratia, Citrobacter, and Proteus. In: Baron's Medical Microbiology (Baron S et al., eds.) (4th ed.). Univ of Texas Medical Branch. ISBN 0-9631172-1-1. (via NCBI Bookshelf). 
  4. Ronald A (2003). "The etiology of urinary tract infection: traditional and emerging pathogens". Dis Mon 49 (2): 71–82. PMID 12601338. doi:10.1016/S0011-5029(03)90001-0. 
  5. "The Species of Escherichia other than E. coli". The Prokaryotes. Consultado o 05-05-2006. [Ligazón morta]
  6. Pien FD, Shrum S, Swenson JM, Hill BC, Thornsberry C, Farmer JJ 3rd (1985). "Colonization of human wounds by Escherichia vulneris and Escherichia hermannii". J Clin Microbiol 22 (2): 283–5. PMC 268376. PMID 3897270. 
  7. Chaudhury A, Nath G, Tikoo A, Sanyal SC (1999). "Enteropathogenicity and antimicrobial susceptibility of new Escherichia spp". J Diarrhoeal Dis Res 17 (2): 85–7. PMID 10897892. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar