Escalidóforos
Scalidophora

Pliciloricus enigmatus, un loricífero.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
(sen clasif.): Ecdysozoa
(sen clasif.): Scalidophora
Lemburg, 1995
Filos
  • Véxase o texto

O dos escalidóforos (Scalidophora) é un clado de invertebrados pseudocelomados proposto para agrupar tres filos: quinorrincos, priapúlidos e loricíferos.[1] Esta agrupación foi recoñecida como monofilética en varios estudos (Halanych 2004).[2]

Os membros deste grupo comparten algunhas características, entre as que destacan a presenza de aneis introvertidos, flósculos, dous aneis introvertidos retráctiles e crecemento mediante a muda da cutícula, ou écdise.[3]

Os grupos máis próximos filoxeneticamente serían os panartrópodos, os nematodos e os nematomorfos. Por esta razón, todos os grupos anteriormente mencionados foron reunidos no clado dos ecdisozoos, descrito en 1997 por Anne Marie A. Aguinaldo e colaboradores, baseándose principalmente en árbores filoxenéticas construídas utilizando 18 xenes de ARN ribosómico.[4]

Pénsase que dúas especies do xénero Markuelia, que se coñece a partir de embrións fosilizados do cámbrico, parcen estar entre os escalidóforos máis primitivos.

Antigamente este grupo considerábase un único filo, o dos cefalorrincos,[5] dividido en tres clases.

Taxonomía editar

Descrición editar

O clado foi descrito en 1995 por Chistian Lemburg.[6]

Clasificación editar

O clado comprende os tres filos citados:[7]

Sinónimos editar

Filoxenia editar

Segundo a interpretación de Zrzavý et al.[9] na súa análise conxunta de datos morfolóxicos e moleculares, as relacións dos escalidóforos con outros grupos achegados son:

Syndermata

Rotifera

Acanthocephala

Cycloneuralia
Neotrichozoa

Gastrotrichia

Gnathostomulida

Ecdysozoa
Scalidophora

Priapulida

Kinorhyncha

Loricifera

Nematozoa

Nematoda

Nematomorpha

Panarthropoda

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Telford, M. J.; Bourlat, S. J.; Economou, A.; Papillon, D.; Rota-Stabelli, O. (27 de abril de 2008). "The evolution of the Ecdysozoa" (pdf). Philosophical Transactions of the Royal Society B 363 (1496): 1529–1537. PMC 2614232. PMID 18192181. doi:10.1098/rstb.2007.2243. Consultado o 9 de decembro de 2016. 
  2. Halanych, K. M. (2004): "The new view of Animal Philogeny" (pdf). Annual Review of Ecology and Systematics, 35: 229-256. Consultado o 10 de decembro de 2016.
  3. Heiner, I., Kristensen, R. H. (2005): "Two new species of the genus Pliciloricus (Loricifera, Pliciloricidae) from the Faroe Bank, North Atlantic". Zoologischer Anzeiger, 243: 121–138.
  4. Aguinaldo, A. M. A.; J. M. Turbeville, L. S. Linford, M. C. Rivera, J. R. Garey, R. A. Raff, & J. A. Lake (1997). "Evidence for a clade of nematodes, arthropods and other moulting animals". Nature 387 (6632): 489–493. PMID 9168109. doi:10.1038/387489a0. 
  5. Dirnberger, J. "Explanations and Difficulties in Invertebrate Phylogeny". Invertebrate Zoology. Kennesaw State University. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2013. Consultado o 10 de decembro de 2012. 
  6. Scalidophora Lemburg, 1995 en The Taxonomicon.
  7. Scalidophora no NCBI.
  8. Scalidorhyncha Cavalier-Smith, 1998 en The Taxonomicon.
  9. Zrzavý, J., Mihulka, S., Kepka, P., Bezdék, A. & Tietz, D. (1998): "Phylogeny of Metazoa based on morphological and 18S ribosomal DNA evidence". Cladistics, 14 (3): 249-285.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar