Ernst Mach
Ernst Waldfried Josef Wenzel Mach, nado en Brno o 18 de febreiro de 1838, e finado en Vaterstetten o 19 de febreiro de 1916, foi un físico e filósofo austríaco.
De 1864 a 1867 foi profesor de matemáticas en Graz. Despois (1867-1895) ensinou física na Universidade de Praga, cando se opuxo á introdución da lingua checa como lingua oficial na mesma universidade, aliñándose entre os partidarios da dominación alemá na rexión. De 1895 a 1901 foi o titular da cadeira de historia e teoría da ciencia indutiva na Universidade de Viena. En 1901, tras abandonar o ensino, foi nomeado membro da Cámara dos Pares polo emperador da Austria.
As súas obras filosóficas e científicas exerceron profunda influencia no pensamento do século XX. Os seus primeiros libros conteñen os fundamentos dunha nova teoría filosófica, o empirocriticismo. Defendeu unha concepción positivista: ningunha proposición das ciencias naturais é admisíbel se non for posíbel verificala empiricamente.
Obras principais editar
- Die Geschichte und die Wurzel des Satzes von der Erhaltung der Arbeit (A Historia e a Orixe do Principio da Conservación da Enerxía), de 1872;
- Die Mechanik in ihrer Entwicklung (A Ciencia da Mecánica), de 1883;
- Beiträge zur Analyse der Empfindungen (Contribución á Análise das Sensacións), de 1886;
- Die Principien der Wärmelehre (Principios da Termoloxía), de 1896;
- Erkenntnis und Irrtum (Coñecemento e Erro), de 1905.
Notas editar
- ↑ Mach, E. (1960 [1883]), The Science of Mechanics, LaSalle, IL: Open Court Publishing, p. 284.
- ↑ John T. Blackmore, Ernst Mach: His Work, Life, and Influence, 1972, p. 44.
- ↑ John T. Blackmore, Ernst Mach: His Work, Life, and Influence, 1972, p. 196.
- ↑ whonamedit.com, Ernst Waldfried Josef Wenzel Mach
- ↑ Jagdish Mehra, Helmut Rechenberg, The Historical Development of Quantum Theory, page 47
- ↑ stanford.edu, Ernst Mach First published Wed May 21, 2008; substantive revision Tue Apr 28, 2009, Mach interest in physiology, Johannes Peter Müller and his students, Ernst Brüke and Carl Ludwig, started a new school of physiology in 1840s.