Ernesto Mauri, nado en 1791 e finado en 1836, foi un botánico e micólogo italiano.

Ernesto Mauri
Nacemento1791 e 12 de xaneiro de 1791
Falecemento1836 e 13 de abril de 1836
ResidenciaItalia Italia
Nacionalidadeitaliano
Ocupaciónbotánico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ernesto Mauri realizou unha importante contribución á botánica coa súa obra Florae romanae en coautoría con F. Antonio Sebastiani (1782-1821). Chegou a ser director do Xardín Botánico de Roma e profesor de botánica.

Abreviatura botánica editar

A abreviatura Mauri emprégase para indicar a Ernesto Mauri como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[1]

Un exemplo de planta descrita por el é Romulea bulbocodium (L.) Sebast. & Mauri, publicada en Florae Romanae Prodromus 17 1818.[2] Esta planta tamén se chama Romulea uliginosa e ten por nome común aberiota.

Honores editar

Epónimos editar

As seguintes plantas levan o epónimo de E. Mauri:

Curiosamente, a pesar de ser botánico, tamén hai algúns animais nomeados en honra a Mauri:

  • Existe unha ave á que o seu descritor, o ornitólogo alemán Jean Louis Cabanis (1816-1906) lle puxo en 1859 o nome mauri en honra de Ernesto Mauri. Trátase do pilro Calidris mauri.[5][6] En realidade, Cabanis foi persuadido polo ornitólogo Charles Lucien Bonaparte, que tamén nomeara previamente a ave e era amigo de Mauri, de que lle puxese ese nome.[7]
  • Bonaparte tamén lle puxera a un peixe o nome Smaris maurii en honra de E. Mauri, pero este é un sinónimo júnior e hoxe denominase Spicara smaris.[7]

Notas editar

  1. Todas as especies de plantas descritas por E. Mauri en IPNI
  2. "Romulea bulbocodium". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 9 de abril de 2015. 
  3. Cat. Pl. Horti Camald., ed. 2 22 (Quid ?). 1832 (IK)
  4. Ann. Bot. (Rome) 1: 173. 1903 (IK)
  5. James Sandrock, Jean C. Prior The Scientific Nomenclature of Birds in the Upper Midwest. Páxina 33. Google books.
  6. Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 84, 243. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. 7,0 7,1 Bo Beolens, Michael Watkins, Michael Grayson The Eponym Dictionary of Birds Google books.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar