Erick Green

baloncestista estadounidense

Erick O'Brien Green, nado o 9 de maio de 1991 en Inglewood, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no Budućnost VOLI montenegrino.

Erick Green
Budućnost VOLI  – No. 32
Información persoal
Nacemento 9 de maio de 1991 (32 anos)
Inglewood, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Millbrook (Winchester, Virginia)
Paul VI (Fairfax, Virginia)
Universidade Virginia Tech (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Utah Jazz
Carreira dende 2013
Historial de equipos

Montepaschi Siena (2013–2014)
Denver Nuggets (2014–2015)
Fort Wayne Mad Ants (2015)
Reno Bighorns (2015–2016)
Utah Jazz (2016)
Olympiacos (2016–2017)
Valencia Basket (2017–2018)
Fenerbahçe (2018–2019)
Fujian Sturgeons (2019–2020)
Real Betis (2020)
Bahçeşehir Koleji (2020–2021)
AEK Atenas (2021–2022)
Zhejiang Golden Bulls (2022)
Universo Treviso Basket (2022)
Hapoel Holon (2022)
KK Budućnost (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 27 de xuño de 2013, Green foi seleccionado polos Utah Jazz na 46ª posición do Draft da NBA de 2013. Os seus dereitos foron traspasados na mesma noite do Draft ós Denver Nuggets, cos que xogou a Liga de Verán de 2013.[1]

O 1 de agosto de 2014, tras xogar a tempada anterior na liga italiana, asinou un contrato de tres anos cos Denver Nuggets da NBA.[2]

O 21 de xullo de 2017, Green asinou co Valencia Basket da Liga ACB por unha tempada.[3]

Notas editar

  1. "Denver Nuggets announce 2013 Summer League roster". NBA.com. 8 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  2. "Denver Nuggets Sign Erick Green". NBA.com. 1 de agosto de 2014. Consultado o 1 de agosto de 2014. 
  3. "Valencia adds scoring ace Green". Euroleague.net. 21 de xullo de 2017. Consultado o 21 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar